24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza en 2026 a súa trixésimo novena convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxecto singular, Libro editado e Proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano, categoría que se presentou por primeira vez na pasada edición e que está dirixida a proxectos que acheguen aos público aspectos científicos e tecnolóxicos sobre os sistemas de auga urbana e a necesidade de compatibilizar a dispoñibilidade de auga potable coa conservación da contorna. Ademais, concederase un Prisma Especial do Xurado a persoas ou institucións que se significaron pola súa especial contribución á divulgación científica.
"A divulgación científica é clave nas políticas do Goberno de Inés Rey, apostando por mellorar a nosa excelente rede de Museos Científicos con novos espazos como o MiniDomus e potenciando os premios Prismas con novas modalidades e unha maior implicación cidadá", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma Especial do Xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. Para participar nesta XXXIX Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas entre o 1 de maio e o 1 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar nesta dirección: www.coruna.gal/mc2/gl/prismas
Os Prismas aos traballos que resulten gañadores entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 14 de novembro de 2026.

15 de mayo de 2026

25 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible