Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de noviembre de 2022

Tras unha exitosa xira no ano 2021, os tres cómicos galegos volven á súa terra para despedir o ano co público galego. A primeira parada será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 9 de decembro

David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven a casa polo Nadal co espectáculo “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”

As entradas saíron á venda este venres, 4 de novembro, ás 11.00 horas, nos canais oficiais. O espectáculo ten previstas funcións tamén en Santiago de Compostela e Vigo

O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 9 de decembro o espectáculo "Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano", formado por tres dos máis recoñecidos cómicos galegos do panorama nacional, David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas. As entradas están dispoñibles para a súa compra desde este venres, 4 de novembro, nos canais oficiais de venda.

Tras unha exitosa xira o ano pasado, coa totalidade das entradas vendidas e unha grande acollida por parte do público galego, volve unha vez máis 'Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano'. Os cómicos galegos David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven, como xa é tradición, a casa polo Nadal. A primeira función celebrarase no Teatro Colón da Coruña o 9 de decembro. Posteriormente, visitarán Santiago de Compostela e Vigo o 29 e 30 do mesmo mes respectivamente.

Case dúas horas de risas, bromas, improvisación e humor. Coa idea de repetir cada ano por estas datas, nace un espectáculo de monólogos, onde tres dos humoristas con máis traxectoria do noso país, contarán as peripecias que lles sucederon durante os últimos 12 meses.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión