5 de septiembre de 2024
No Barrio das Flores haberá boxeo, un festival de música urbana, sardiñada, callos e concurso de tortillas
Na parroquia de San Vicenzo de Elviña haberá actuacións musicais, churrascada e animación para todos os públicos
O Concello da Coruña segue a promover neste mes de setembro diferentes celebracións nos barrios da cidade. Tras as festas de Eirís, O Castrillón, Sagrada Familia e Novo Mesoiro, esta fin de semana chega a quenda da parroquia de San Vicenzo de Elviña, que engloba os núcleos de Elviña e Castro de Elviña, e do Barrio das Flores. O Goberno de Inés Rey prosegue coa súa política de expandir as festas da Coruña a todos os barrios da man das asociacións veciñais.
No Barrio das Flores a programación comezará o venres 6 co pregón a cargo de Jaime Patiño, veciño do barrio e "un exemplo de superación", como indica a organización, a cargo da Plataforma Veciñal do Barrio das Flores. Será ás 20.00 horas na praza do Sol Nacente. A continuación haberá unha sardiñada popular e a partir das 20.30 horas actuará María Cristina. Ás 23.30 horas será a quenda dunha discoteca móbil. Tamén o venres, ás 20.30 horas, terá lugar a velada de boxeo Ludus Box no Polideportivo do Barrio das Flores.
O sábado 7 terá lugar a primeira edición do festival Urban Bloom, un novo festival de música urbana que comezará ás 13.00 horas e contará coas actuacións ao longo do día de diferentes formacións emerxentes. Actuarán El Corta, Batalla de Escritas, Aum Reggae, L-Stress, Radi Rosenov, DJ Zuñú, Kir4, Ricki Hombre Libre, BJ Blankata e Mister G. Ademais, as festas do Barrio das Flores tamén contarán cun partido de fútbol entre os Veteráns do Barrio e Greenpeace ás 14.00 horas e a Copa da Coruña de Chave a partir das 17.00 horas.
O domingo 8 a programación comezará ás 11.00 horas cunha alborada de gaiteiros e a apertura do Mercado das Flores, con máis de corenta postos de artesanía e segunda man. Ás 12.00 horas haberá unha sesión de zumba na rúa e ás 13.00 horas comezará o IV Concurso da Mellor Tortilla do Barrio. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas e estará amenizada por Ángel Montoya. Á mesma hora celebrarase a festa dos callos e, a partir das 16.00 horas, collerán o testemuño musical José Brea e Miguelón. Ás 18.00 horas terá lugar un espectáculo infantil e as festas finalizarán ás 19.30 horas coa actuación de De Barrio e a clausura do Mercado das Flores.
Por outra banda, na parroquia de San Vicenzo de Elviña as festas serán o sábado 7 e o domingo 8 e terán lugar na pista deportiva da rúa Rebandas. O sábado as actividades comezarán ás 13.00 horas co pregón a cargo de Luís Rodríguez Presedo 'Feixoi', membro de Los Satélites. Ás 13.30 horas actuará Lidia Sueiro e ás 15.00 horas haberá unha churrascada popular. Pola tarde, a partir das 17.00 horas haberá inchables para nenos e nenas, ás 19.00 horas actuará un grupo de música de arraigo e xa pola noite, a partir das 21.00 horas, terán lugar as actuacións de Lucía Aldao-Pava e Pablo Balseiro.
O domingo 8 a sesión vermú estará amenizada por O Corta a partir das 14.00 horas. Ás 17.00 horas actuará Peter Punk e ás 18.30 horas pechará a xornada o Grupo de Musicoterapia.

20 de diciembre de 2025

18 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible