2 de marzo de 2023
Este venres 3 de marzo, ás 10.00 horas, abrirase o prazo de inscrición para 'Bichocas', da compañía Xarope Tulú
Xa comezaron as actividades do programa Apego do servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dirixidas a familias con crianzas ata os seis anos de idade ofrecen unha axenda cultural en galego para os máis pequenos e pequenas.
Dentro desta oferta hai desde teatro, contacontos e música, ata arrolos e obradoiros. Todas elas necesitan inscrición previa na ficha específica de Próximas inscripciones e están dirixidas a diferentes idades recomendadas.
Este venres 3 de marzo, ás 10.00 horas, abrirase o prazo de inscrición para "Bichocas", da compañía Xarope Tulú, un contacontos teatralizado para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos onde os animais e as súas aventuras son os protagonistas.
A actriz Atenea García, xunto cos seus compañeiros animais, guiará as crianzas nunha viaxe narrativa onde a diversidade, o afecto e a empatía son as mensaxes principais. A actividade terá lugar o martes 7 de marzo na aula 8 do Centro Ágora, con dous pases ás 17.00 e 18.30 horas.
Despois de "Bichocas" continuará a axenda cultural do Apego coas seguintes actividades:
Todas as actividades terán lugar nas aulas do Centro Ágora, agás "Barquiño de pau" e "Nube, nube, sol", que serán no auditorio do centro sociocultural.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible