15 de noviembre de 2022
Os concertos do 2 e 4 de xuño serán os únicos que ofrecerá en Galicia
As entradas poderanse adquirir a través das webs www.jsabina.com, www.contratodopronostico.com e www.ataquilla.com
Desde as 12.00 horas de hoxe xa se poden adquirir as entradas para o segundo concerto que Joaquín Sabina ofrecerá en xuño de 2023 no Coliseum. A venda realizarase a través das webs www.contratodopronostico.com, www.jsabina.com e www.ataquilla.com.
Este segundo concerto terá lugar o 4 de xuño despois de que a venda de entradas para a primeira das actuacións de Sabina na Coruña se tiveran agotadas en apenas unha hora. A cidade da Coruña será a única de Galicia que acollerá concertos de Sabina dentro da súa xira 'Contra todo pronóstico', coa que retorna aos escenarios. Serán o 2 e 4 de xuño de 2023, unha vez concluída a súa serie de recitais por diversos países americanos.
'Contra todo pronóstico' desenvolverase na súa primeira parte durante os meses de febreiro e marzo en Colombia, Perú, Chile e Arxentina, para rematar en abril en Montevideo. O día 20 de abril iniciará a súa xira en España, cun concerto nas Palmas de Gran Canaria, chegando A Coruña en xuño despois de actuar en Santa Cruz de Tenerife, Málaga, Alacante e Madrid, para proseguir con concertos en Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao, Murcia, Sevilla, Granada, Pamplona, Barcelona e Zaragoza.
Por tanto, os concertos de Joaquín Sabina na Coruña serán os únicos que desenvolva en Galicia e no noroeste de España. Deste xeito o Coliseum e a cidade da Coruña volven converterse en referencia musical ao acoller un dos concertos máis agardados e emotivos para o público no vindeiro ano.
Despois dos concertos que levará a cabo en España, Sabina continuará a súa xira por diversas cidades de México e Estados Unidos, con seis actuacións xa confirmadas en outubro e novembro do próximo ano.
O título da súa xira, 'Contra todo pronóstico', responde á súa decisión de retornar aos escenarios aos seus 74 anos para deleite do seu público e del mesmo. Desta maneira, Sabina remata o seu recente período a porta pechada e volve aos directos e ao contacto co público.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible