Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de agosto de 2025

Gala i Ovidio ensaiarán a súa estrea en directo nunha residencia no Teatro Colón

A súa actuación do día 28, para a que aínda quedan entradas á venda, realizarase finalmente no propio teatro, atendendo ás necesidades técnicas do espectáculo

Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor e a Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras, levarase a cabo unha residencia no Teatro Colón como paso previo á súa estrea en directo do xoves 28 de agosto (21.00 horas), dentro das Festas de María Pita.

A estadía dos artistas comezou este luns e contou coa visita de Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, que informou hoxe de que a actuación terá lugar finalmente no Teatro Colón, en troques do auditorio de Santa Margarida, atendendo ás necesidades técnicas do espectáculo.

"Para o Goberno de Inés Rey é unha honra que dúas grandes figuras da música como Aida e Raül inicien o seu proxecto conxunto na nosa cidade e comecen os seus ensaios no Teatro Colón, referente cultural a nivel estatal", indicou Castro. Tanto Aida como Raül amosaron durante o encontro a súa satisfacción por poder contar con estas instalacións para preparar a súa esperada actuación, onde estarán acompañados por Belem Tajes, que actuará ás 20.00 horas.

"Estamos moi contentos de que se faga a estrea no Teatro Colón. É a primera vez que imos actuar xuntos despois de catro anos, desde que nos coñecemos Raül e eu, e fainos moita ilusión. Estamos moi emocionados porque cremos que o Colón é un sitio idílico para presentar este proxecto en directo. Animamos a xente a que veña e a gozalo con nós", apuntou Aida Tarrío.

O proxecto réndelles homenaxe no seu nome aos fillos da escritora galega Rosalía de Castro. En 1871 a escritora galega Rosalía de Castro deu a luz en Lestrove aos xemelgos Gala e Ovidio. Aida Tarrío e Raül Refree atopáronse en 2021 no Pazo de Mariñán e axiña souberon que debían irmandarse nun proxecto musical. Catro anos tardaron en darlle forma, entre procuras e gravacións, a Gala i Ovidio, un proxecto que se levou en segredo ata o día de hoxe. Os dous recoñecidos artistas coñecéronse para interpretar cancións tradicionais de Galicia e inspirados por elas foron atopando novos territorios onde a tradición se intúe e os xéneros se dilúen. A Raül gústalle dicir que Aida ten as mulleres galegas dos últimos decenios na súa voz e que este arraigamento lles permite experimentar sen perder a identidade.

Xestión das entradas para o concerto

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, informou esta mañá de que, por mor do traslado do concerto ao Teatro Colón, xa se están a xestionar todas as cuestións relacionadas co cambio de localización.

Neste sentido, os pases para asistir ao concerto no Teatro Colón serán sen numerar. Aínda hai entradas á venda, dispoñibles a través da web de Ataquilla e no quiosco de billetes da praza de Ourense, onde toda persoa interesada na actuación poderá consultar a información ao respecto.

Ademais, tamén se ofrecerá a posibilidade de devolución ás persoas que mercasen a súa entrada anteriormente. A este respecto, todas as persoas que xa comprasen o seu pase recibirán a información correspondente sobre o concerto por medio dun correo electrónico.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión