Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de mayo de 2026

Galicia Design Week amosa nas rúas da Coruña os proxectos máis relevantes do momento do deseño galego

As exposicións Designed in Galicia e #novodeseñogalego pódense visitar desde hoxe e até principos do mes de xuño na avenida do Porto

Galicia Design Week (GDW) inaugurou este martes o seu gran bloque expositivo na avenida do Porto para dar conta do valor e da potencia creativa do país. O acto de apertura contou coa presenza do concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil; mais tamén asistiron Alex Rico e Marta González (codirección da GDW), patrocinadores do evento e varias das autoras participantes: a escenógrafa Ana Inés Jabares Pita, a ceramista Camila Sánchez (LamaeLume), a arquitecta Celsa Pesqueira, a fotógrafa creativa María Cereijo, o deseñador de moda Mario Leiro e a artista visual Zeltia Iglesias.

O evento serviu para presentar as dúas propostas que a cidadanía poderá descubrir estas semanas durante a sétima edición da GDW. Por unha banda, Designed in Galicia, unha recompilación dos proxectos máis salientables que colleitaron galardóns de prestixio ao longo do último ano, como é o caso de Miguel Leiro (Premio Nacional de Diseño 2025), D-Due (Premio Luis Seoane de Deseño 2025), estudios de arquitectura (entre os que destacan Carlos Seoane, CREUSeCARRASCO ou Carbajo Barrios) ou axencia creativas (teiga.studio). "Desde o Goberno de Inés Rey entendemos que A Coruña ten que liderar os grandes proxectos culturais de Galicia, e este evento é o mellor exemplo, capitaneando o mellor do deseño nacional durante unha semana e ofrecendo á cidadanía ese traballo", indicou Castro.

As estruturas que soportan as pezas desta mostra -que se poderá visitar até o 14 de xuño- foron deseñadas e fabricadas especificamente para esta cita por Grupo Malasa, a firma familiar galega que lidera a produción de mobiliario a medida en toda Europa. Pola outra, o público poderase achegar até o 4 de xuño a  #novodeseñogalego, unha escolma que pon o foco no talento emerxente. A exhibición recolle un total de 20 propostas asinadas por 10 perfís multidisciplinares e que estes días están a presentar os seus proxectos na cidade tanto nas sesións TALKS e MICROTALKS: Álvaro Bellón, Ana Inés Jabares Pita, Andrea Ures, Lamaelume, Laura Campos, María Cereijo, mariOLéiro, Nuclear, Pesqueira e Zeltia Iglesias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión