Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de diciembre de 2024

Gonzalo Castro destaca o papel da Coruña como referente científico e tecnolóxico na XV Reunión de Novos Investigadores no Estranxeiro 2024

O concelleiro de Cultura e Turismo interviu na apertura do encontro, que reuniu a decenas de mozos e mozas do mundo dedicados á ciencia

A Domus acolleu esta mañá a inauguración da XV Reunión de Novos Investigadores no Estranxeiro 2024, un evento organizado pola Oficina de Captación de Persoal Investigador da Universidade da Coruña (OCPI) e o CINBIO da Universidade de Vigo. Na súa intervención, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou que "A Coruña é un referente da divulgación científica que conta cunha rede de museos pioneira e envexada por moitas grandes cidades".

Castro salientou tamén a importancia da colaboración institucional co tecido investigador da cidade: "A nosa cidade tamén conta cunha universidade cohesionada e á vangarda en investigación, coa que colaboramos en diferentes ámbitos, como a Cidade das TIC, que nos converterá no gran polo tecnolóxico do noroeste".

Durante a súa intervención, o edil fixo referencia ao espírito ambicioso de A Coruña: "A Coruña é unha cidade ambiciosa, capaz de posicionarse para grandes retos. Por iso, contaremos na cidade moi pronto coa AESIA, que será un referente na regulación da Intelixencia Artificial a nivel europeo". Ademais, remarcou a importancia da colaboración público-privada para a captación e retención de talento: "Queremos non só que cada vez sexan máis as persoas que se formen na Coruña e en Galicia, senón que o talento da cidade queira quedarse aquí". 

A xornada, que se estenderá ata a tarde, inclúe un programa variado de charlas, sesións interactivas e oportunidades de networking. Participaron na apertura representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), da Universidade da Coruña e do CINBIO, reforzando a aposta de Galicia pola investigación e a innovación.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión