10 de febrero de 2025
O concelleiro participou no acto de colocación da nova lastra de bronce que lembra a figura de Víctor San Miguel Prado
O concelleiro de Cultura e Turismo, e responsable do servizo de Memoria Histórica, Gonzalo Castro, presidiu esta mañá o primeiro dos actos de colocación de novos 'stolpersteine', que lembran aos coruñeses deportados a campos de concentración nazis. Forma parte das accións promovidas polo Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) para conmemorar o Día Internacional en Recordo das Vítimas do Holocausto, que tiveron que ser adiados polo mal tempo.
"Desde o Goberno de Inés Rey somos conscientes do poder que teñen este tipo de actos para concienciar ás novas xeracións e evitar que os totalitarismos volvan a ter poder en Europa, por iso seguiremos a promover a colocación de novos 'stolpersteine' na cidade ata que todos os coruñeses que sufriron a lacra do nazismo sexan recordados", dixo Gonzalo Castro durante a súa intervención no acto celebrazo no número 134 da avenida de Santiago Rey Fernández-Latorre, xunto á praza do Tebeo. Neste acto lembrábase a figura de Víctor San Miguel Prado.
Xa posteriormente, houbo actos inaugurais ante as lastras de Víctor Manuel Conde Núñez, no número 5 da rúa Cabana; de Martín Ferreiro Álvarez, no número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela; e de Adolfo Bregua Mouriño, no número 98 da avenida dos Mallos.
Ademais, este martes 11 ás 11.00 horas inaugurarase a lastra a José Albedro Villaverde, no paseo das Pontes, e o luns 24 ás 11.00 horas será a quenda da de Clemente Juan de la Cruz García, en Zalaeta. Tamén contarán coas súas Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente.

16 de noviembre de 2025

28 de octubre de 2025

16 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible