Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de septiembre de 2026

Inés Rey: “A Casa Cornide foi un ben público usurpado pola ditadura mediante unha poxa ficticia e ten que volver ao público”

O Concello levará a pleno a semana que vén a anulación dos acordos do ano 1962 que permitiron que o ben, declarado BIC no ano 2023 a instancias do executivo local, acabara en mans da familia Franco

O Goberno municipal levará a pleno a semana que vén a Casa Cornide para adiantar o proceso para reclamar a restitución ao patrimonio público de dita propiedade. Así o explicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey, quen avanzou que no pleno rexeitaranse as alegacións ao proceso presentadas pola familia Franco, aprobaranse os informes encargados ao profesor da UDC Carlos Aymerich e anularanse os acordos plenarios do ano 1962 que permitiron a poxa pública que facilitou que a vivenda acabara nas mans do ditador. 

"A Casa Cornide foi un ben público usurpado pola ditadura mediante unha poxa ficticia e ten que volver ao público", indicou hoxe a alcaldesa, recordando que todo o proceso de venda do ben aprobado no ano 1962 estivo orquestrado para darlle apariencia de legalidade a unha transacción amañada. 

Así, o pleno anulará o acordo do 3 de xullo de 1962 que aprobou o alleamento da propiedade municipal mediante poxa, e o acordo do 2 de agosto de 1962 que aprobou a adxudicación definitiva ao seu comprador, Pedro Barríe de la Maza, que catro días despois vendía á súa vez a Casa Cornide a Carmen Polo, muller do ditador. 

"A Casa Cornide foi un regalo dun ben público que lle fixeron ao ditador", recordou Rey. Foi o Goberno local da Coruña o que promoveu as primeiras accións para recuperar e protexer o ben. Grazas aos trámites e informes municipais a propiedade foi declarada BIC no ano 2023 coa obriga de abrir as portas determinados días ao ano para visitas. "Xa conseguimos que abran ás portas dunha casa que non é súa, mais seguimos adiante co obxectivo final de recuperar a propiedade para todos os coruñeses e coruñesas", indicou a alcaldesa. O próximo trámite será a remisión ao Consello Consultivo de todo o expediente para a súa validación.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión