Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2023

40 entidades presentarán o seu labor solidario nunha xornada festiva con música e obradoiros no paseo do Parrote dende mañá ata o domingo

Inés Rey agradece o papel das entidades sociais da cidade no inicio da I Feira do Voluntariado

nés Rey subliñou o traballo intenso dos voluntarios para “facer unha cidade máis xusta e solidaria” e animou os máis novos a emprender nos voluntariados

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, abriu hoxe as actividades da Feira do Voluntariado cunha xornada de voluntariado corporativo na que se presentou a Rede de Intermediación do Voluntariado unha nova ferramenta web para conectar as entidades coas persoas que desexan colaborar. 

A rexedora agradeceu o papel das entidades sociais da cidade e destacou a importancia das actividades sociais corporativas que desenvolven as empresas da cidade porque teñen "un dobre valor". "Supón un compromiso coa cidade e tamén un compromiso co capital humano que participa nel para contribuír a ter unha cidade máis xusta e solidaria". Rey tamén animou a mocidade a visitar a Feira organizada xunto co Banco de Alimentos e que terá lugar mañá, día 25 e o domingo 26 no paseo do Parrote, para comprobar a gran cantidade de programas nos que poden participar.

Tras a inauguración no auditorio de Afundación Obra Social ABANCA, as responsables de RSC de tres empresas da cidade -Vegalsa, We Sustainability e Afundación- presentaron os seus proxectos de voluntariado e abriouse un debate. Nel participou a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, sobre os retos do voluntariado e as posibilidades de coordinación do Concello entre entidades e empresas a través da Rede de Intermediación de Voluntariado (RIVO), "un espazo de encontro virtual para conectar aos que desexen comezar un voluntariado coas entidades que necesitan personas para levar a cabo a súa tarefa social", dixo Neira. O RIVO xa está disponible na web do Concello para as entidades e persoas interesadas.

Pechou a sesión a presidenta do Banco de Alimentos, Conchy Rey, que lle agradeceu ao Concello o seu apoio na Feira do Voluntariado e ás empresas a súa colaboración.

Baixo o lema "Ven coñecernos" a Feira do Voluntariado situarase no Parrote o sábado de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas; e o domingo 26 tan só en horario de mañá (de 11.00 a 14.30 horas). Voluntarios e voluntarias das distintas entidades darán a coñecer o seu labor de primeira man mediante charlas e obradoiros, mais tamén haberá actuacións musicais nunha dobre xornada aberta a todos e todas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión