11 de agosto de 2025
O acordo, dotado con 425.000 euros, permitirá desenvolver actividades educativas, culturais e deportivas ao longo de todo o 2025
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa Federación Provincial de ANPAs de centros públicos, representada pola súa presidenta, Lidia María Paz Lamela, para apoiar a realización de actividades educativas, culturais e deportivas durante o presente ano.
O acordo, cunha achega municipal de 425.000 euros con cargo ao orzamento de 2025, permitirá financiar iniciativas dirixidas ao alumnado, tanto no ámbito escolar como fóra del, que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro.
A alcaldesa subliñou que "o ensino público é un piar esencial para a igualdade de oportunidades, e este convenio reforza o traballo que as ANPAs realizan en beneficio da comunidade educativa".
A Federación Provincial de ANPAs, entidade sen ánimo de lucro que agrupa a asociacións de nais e pais de toda a cidade, promove cada ano obradoiros, excursións, campamentos, actividades deportivas, culturais e proxectos de protección da infancia, da natureza e do medio ambiente.
O Concello recoñece o interese xeral destas actuacións e a súa contribución á mellora da calidade educativa, polo que mantén este apoio como parte do seu compromiso co benestar da infancia e da mocidade da Coruña.

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible