17 de septiembre de 2026
A comisión COTER do Comité das Rexiòns aceptou as emendas defendidas pola alcaldesa
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe na reunión da Comisión COTER do Comité Europeo das Rexións en Cáceres, onde defendeu dúas emendas clave ao Dictame sobre a Estratexia Portuaria da UE co obxectivo de dar maior peso político e financeiro aos proxectos de integración porto‑cidade, entre eles o proxecto estratéxico Coruña Marítima.
Durante a sesión, Rey subliñou a importancia de que a Estratexia Portuaria da UE recoñeza de maneira explícita que a integración entre porto e cidade é "un elemento esencial de competitividade, sustentabilidade e cohesión territorial". A alcaldesa destacou que estas integracións "contribúen a mellorar a resiliencia dos portos, a súa aceptación social e o seu papel como espazos de innovación".
A alcaldesa defendeu tamén que os instrumentos de financiamento da Unión incorporen de forma específica proxectos destinados a mellorar a relación entre porto e cidade. Así reclamou que a UE priorice actuacións vinculadas á conectividade sostible, á transición enerxética, á dixitalización, á calidade urbana e á redución do impacto ambiental nas áreas urbanas colindantes "esenciais para reforzar a competitividade, a cohesión territorial e a función dos portos como nodos multifuncionais ao servizo da cidadanía".
A alcaldesa explicou ante o Comisión COTER que proxectos como Coruña Marítima "exemplifican a oportunidade de converter os portos en espazos de innovación, transición ecolóxica, actividade económica e creación de valor compartido entre porto e cidade". Por iso defendeu que a Estratexia Portuaria da UE incorpore unha visión máis urbana, integrada e centrada na cidadanía, e que garanta financiación adaptada ás necesidades das cidades portuarias.
Rey destacou ademáis que o propio ditame recoñece que os portos europeos funcionan como ecosistemas integrados nas cidades e nas súas dinámicas de desenvolvemento e subliñou que o documento ten unha visión plenamente coherente coa transformación que impulsa A Coruña na súa fachada marítima.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible