24 de julio de 2026
O festival consolídase como unha das grandes citas musicais do verán e reforza o posicionamento da cidade como destino cultural de referencia
A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá as instalacións do Morriña Festival no peirao de Batería, onde comprobou o estado dos preparativos para unha nova edición dun dos grandes eventos musicais do verán galego, que se celebrará esta fin de semana no porto da cidade. Durante a visita, a rexedora, que estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou "o magnífico traballo da organización e de todas as persoas que fan posible un evento destas dimensións", así como a importancia que o festival ten para a cidade tanto desde o punto de vista cultural como económico.
"Morriña é xa unha cita consolidada no calendario musical de Galicia e de España, e para A Coruña supón moito máis ca un festival. Supón cultura, lecer, proxección exterior e tamén actividade económica. Durante estes días miles de persoas visitan a nosa cidade, ocupan os nosos hoteis, consumen na nosa hostalaría e coñecen todo o que A Coruña ten para ofrecer", sinalou Inés Rey. A alcaldesa subliñou tamén que este tipo de eventos "son fundamentais para seguir reforzando a imaxe da Coruña como unha cidade moderna, dinámica e capaz de acoller grandes citas culturais con todas as garantías". Neste sentido, destacou a capacidade da cidade para recibir visitantes e organizar acontecementos de gran formato ao longo de todo o ano.
Nesta edición, o Morriña Festival reunirá no porto da Coruña artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel, con nomes destacados como Manuel Turizo, Juanes, Myke Towers, Young Miko, Paul Kalkbrenner ou Maceo Plex, entre outros. O festival incorpora ademais unha terceira xornada dedicada á música electrónica da man de Brunch Electronik, ampliando así a súa proposta cultural.
"Ademais, o Morriña Festival serve tamén como un magnífico punto de partida para as Festas de María Pita. Entramos nunha das épocas máis especiais do ano para a cidade, cunha programación moi ampla, con numerosos concertos, actividades culturais e propostas para todos os públicos", indicou a alcaldesa.
Inés Rey agradeceu tamén o traballo dos servizos municipais, da organización e dos corpos de seguridade para garantir o correcto desenvolvemento do evento, así como a colaboración de Turismo de Galicia. "Queremos que coruñeses, coruñesas e visitantes vivan un verán cheo de música, cultura e espazos compartidos de encontro e convivencia", apuntou.

18 de julio de 2026

25 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible