Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de septiembre de 2023

Inés Rey destaca o labor dos usuarios e usuarias de Aspronaga e Asperga no programa ‘Un xenio volve á casa’

A alcaldesa subliñou que “esta iniciativa busca conformar unha cultura coruñesa máis inclusiva e accesible”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de entrega de premios do concurso de artes plásticas 'Un xenio volve á casa', correspondente á sexta convocatoria de axudas 'Cultura Accesible e Inclusiva', organizada pola Fundación Emalcsa e a Sociedade Filatélica da Coruña. A rexedora estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e polo presidente da Sociedade Filatélica, José Luis Rey.

O proxecto 'Un xenio volve á casa' busca conmemorar o 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso. A Coruña forma parte das cidades picassianas por ser a cidade que viu nacer o ímpeto artístico do pintor malagueño. O concurso consistiu na elaboración de postais emitidas por Correos como resultado de dous murais que homenaxean a Picasso. A súa realización correspondeulles aos usuarios e ás usuarias de Asperga e Aspronaga. Rey quixo salientar que "esta iniciativa busca conformar unha cultura coruñesa máis inclusiva e accesible".

A alcaldesa agradeceulles a Asperga e Aspronaga o seu labor pola cultura inclusiva mediante iniciativas coma esta. Tamén destacou o papel da Sociedade Filatélica na sociedade coruñesa por involucrarse nun gran número de iniciativas sociais. "Debedes estar orgullosos e orgullosas, pois desde hoxe formades parte deste Ano Picasso, que está a achegar á Coruña un gran feixe de eventos e exposicións do gran xenio da pintura", sinalou.

Lista de premiados e premiadas

  • Álvaro Amores García

  • Daniela Araujo Bangueses

  • Lucas Ávila Abad

  • Ionut Badea

  • Benjamín Barbadillo Jove

  • Diego Bellón Couto

  • Celia Bergantiños Vázquez

  • Roberto Céspedes Rodríguez

  • Santiago Couto Vázquez

  • Elvira de la Iglesia Cedeira

  • Iago Díaz López

  • Raúl Encinas González

  • Marcos Esmorís Fernández

  • José Fontela Tallón

  • Javier Fraga Sobrado

  • José Manuel Gago López

  • Alejandro Grandío Mata

  • Adrián López Varela

  • Víctor Martínez López

  • Marcos Novoa Varela

  • Josefina Rodríguez Hermida

  • Walter Vázquez García

  • Claudia Vázquez Pérez

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión