24 de febrero de 2026
As alcaldesas comparten retos de goberno como a vivenda, mobilidade e reforzo dos servizos sociais xunto coa mellora do espazo urbano
No marco da visita institucional polo 45º aniversario da FEMP, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo tamén un encontro coa alcaldesa de San Fernando, Patricia Cavada, na Casa Consistorial da localidade.
Ambas rexedoras puxeron en valor o liderado feminino á fronte dos gobernos locais e o papel das mulleres na dirección das políticas públicas municipais. "Compartimos a honra e a responsabilidade de ser as primeiras mulleres alcaldesas en chegar ao cargo. Fixeron falta catro décadas de democracia para que houbese unha muller á fronte dos nosos municipios" sinalaron.
No encontro abordaron tamén os principais retos de futuro que afrontan ambas cidades, sinalando como eixos prioritarios as políticas de vivenda, a mobilidade sostible e o fortalecemento dos servizos sociais, xunto coa mellora continua da calidade do espazo urbano.
Así mesmo, subliñaron a importancia de consolidar espazos estables de cooperación entre cidades, baseados na responsabilidade institucional, o diálogo permanente e a proximidade coa cidadanía, co obxectivo de impulsar políticas públicas máis eficaces e adaptadas ás necesidades reais da veciñanza.

25 de febrero de 2026

24 de febrero de 2026

29 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible