Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de noviembre de 2023

Inés Rey felicita as e os fotógrafos do calendario municipal do 2024 por “achegar A Coruña a moitos lugares do mundo”

A alcaldesa entregoulles os agasallos ás trece persoas cuxas imaxes formarán parte do almanaque

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a entrega de premios do Calendario Municipal 2024. As persoas autoras das 13 fotografías gañadoras recolleron os seus recoñecementos no Palacio de María Pita.

A rexedora destacou o labor deste almanaque, que "está presente na maioría das casas coruñesas e tamén en moitos lugares do mundo, xa que é costume enviárllelo a esas persoas que marcharon da nosa cidade e manteñen esa morriña e pegada coruñesa alá onde están". "O calendario municipal non é só unha viaxe pola cidade, senón tamén unha viaxe ao pasado e á historia", sinalou Inés Rey, que destacou a calidade das imaxes seleccionadas do arquivo da Deputación da Coruña.

Entre as imaxes seleccionadas este ano por un xurado no que estiveron presentes a propia rexedora, representantes dos grupos municipais e fotoxornalistas de distintos medios, destacan espazos recoñecibles da cidade como o Millennium, Alfonso Molina, a Torre de Hércules, a praia de Riazor, o Porto ou a praza de Azcárraga. As persoas autoras das imaxes recolleron uns agasallos das mans das persoas membros do xurado no Salón de Plenos, entre os que destaca un ano de acceso aos Museos Científicos Coruñeses e un libro de fotografía.

Os autores e autoras das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:

  • Portada: Alberto Vázquez Núñez
  • Xaneiro: Eduardo Mosqueira Rey
  • Febreiro: Saturio Maderuelo García
  • Marzo: Angelica Pardo Casal
  • Abril: Alberto Quijada Loures
  • Maio: María José Vázquez Pazos
  • Xuño: Felisindo Novoa Álvarez
  • Xullo: Montse Costa Fresquet
  • Agosto: Íñigo Rolán Taboada
  • Setembro: Cosme Martínez Naya
  • Outubro: Jéssica Dopico Tuimil
  • Novembro: David Couce Rodríguez
  • Decembro: Juanpa Ameneiros González

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión