23 de marzo de 2026
A alcaldesa recibiu en María Pita aos xogadores e corpo técnico do club de hockey tras a conquista da súa 11ª Copa do Rei
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada por representantes do Goberno municipal así como doutros membros da corporación, recibiu hoxe en María Pita aos xogadores e o equipo técnico do Hockey Club Liceo, que onte conquistou en Barcelona a súa 11ª Copa do Rei vencendo na final ao Calafell La Menorquina por 4-1 cun triplete de Bruno Saavedra.
"O Liceo non é só un equipo. É historia viva da Coruña. É un símbolo que leva o nome da nosa cidade por toda España e por toda Europa. Xeracións de coruñeses e coruñesas creceron celebrando os vosos éxitos, aprendendo do voso esforzo e sentindo como propias as vosas vitorias", dixo Rey na recepción, na que tamén fixo entrega ao equipo dunha Torre de Hércules de Sargadelos.
A alcaldesa tivo palabras de agarimo para o xogador César Carballeira, que encara a súa última tempada no equipo, para o capitán, Dava Torres, e para o adestrador, Juan Copa, entre outros integrantes do club, tanto xogadores como persoal técnico, ao que tamén citou.
O Liceo conquistou 44 títulos nacionais e internacionais nos últimos 44 años, incluído 8 Ligas, 11 Copas do Rei, 3 Supercopas de España, 6 Copas de Europa, 3 Copa CERS, 2 Recopas de Europa, 6 Supercopas de Europa e 5 Copas Intercontinentais, e é o club de hockey máis laureado da historia de Galicia. Ademáis, é actualmente líder en solitario da OK Liga a falta de 4 xornadas para o final da tempada.

29 de julio de 2026

29 de julio de 2026

21 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible