Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de enero de 2026

‘Coruña Vadis’, a nova curtametraxe turística do Concello, estrearase o martes

Inés Rey presentará en Fitur xunto a Xosé A. Touriñán e Lucía Veiga a nova estratexia turística da Coruña

A alcaldesa anunciará unha programación centrada na eclipse solar e no audiovisual

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2026 a nova estratexia turística da Coruña para este ano. A rexedora, acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, fará dúas exposicións públicas, unha na Casa del Lector, no centro cultural Matadero, o martes; e outra no stand de Galicia en IFEMA, xa no marco de Fitur.

A alcaldesa fará balance dos grandes fitos turísticos e culturais do último ano na cidade, moi positivos en canto a turismo musical, coa mellor marca histórica en canto a número de eventos no Coliseum. Ademais, en Matadero, acompañada por Lucía Veiga e Xosé A. Touriñán como mestres de cerimonias, dará a coñecer os piares da nova estratexia turística da cidade, centrada este ano no audiovisual e na eclipse de sol do 12 de agosto. A Coruña será a cidade europea na que mellor se poderá ver ese fenómeno. A cidade estase a preparar xa para esa xornada, organizando distintas actuacións mediante unha comisión de seguimento específico que implica a distintas áreas. 

O acto do Matadero contará coa actuación especial do coruñés Carlos Ares, un dos artistas musicais máis destacados a nivel nacional, e unha selección de cociñeiros do grupo Coruña Cociña.

Ademais, o martes tamén se presentará 'Coruña Vadis', a nova curtametraxe turística do Concello dirixida por Javier Veiga que toma o relevo de ' Ao Oeste do Noroeste'. De novo, Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizarán esta peza audiovisual que amosará as fortalezas turísticas da cidade. A curta, que se estreará en redes sociais e YouTube o martes pola tarde, dá continuidade á creación do ano anterior, que tivo unha enorme repercusión nacional e internacional, superando as 250.000 reproduccións íntegras en apenas unhas horas e convirtíndose no vídeo máis visualizado na canle de YouTube do Concello.

Xa o mércores, a alcaldesa, exporá no stand de Galicia en IFEMA todos os detalles da programación cultural e turística deste 2026. A súa intervención será ás 12.30 horas e o acto será retransmitido en directo. "Temos unha das programacións máis ambiciosas e diferenciais do país, buscando potenciar as nosas fortalezas turísticas e aproveitando o fito da eclipse para ofrecer á cidadanía e ás persoas visitantes experiencias únicas", sinalou Rey. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión