Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de mayo de 2022

Inés Rey recibe aos deportistas perceptores das bolsas municipais polo seu alto rendemento

A alcaldesa destacou que a metade das achegas económicas outorgáronse a mulleres: “Desde o Concello queremos seguir impulsando o deporte feminino”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este venres no salón de pleno de María Pita ás persoas ás que se lles outorgaron as bolsas para deportistas de alto rendemento. Este ano o Concello duplicou o número de axudas individuais a deportistas con respecto ao ano anterior. Xunto a alcaldesa estivo a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Un total de 80 persoas percibirán cantidades que van desde os 500 ata os 3.500 euros, en función do seu nivel. O obxectivo destas axudas é que os atletas de diferentes disciplinas e niveis poidan participar nas competicións internacionais, nacionais e autonómicas. "como alcaldesa considero que é moi importante que as institucións como a que presido aposten por vós a diario", sinalou Inés Rey.

Esta é a terceira convocatoria de bolsas a deportistas do Concello da Coruña e conta cun orzamento de 120.000 euros. Por parte dos bolseiros presentes, interveu no acto Irene Blanco Tarela, que participou estes días no Campionato do Mundo júnior de halterofilia, onde bateu dous récords de España. Blanco agradeceu o compromiso amosado polo Goberno municipal cos e coas deportistas de diferentes disciplinas.

Inés Rey quixo destacar que case a metade, 38 das 80 persoas bolseiras, foron mulleres. "Desde o Concello da Coruña queremos seguir impulsando o deporte feminino e estas achegas económicas son un bo exemplo e fomentan a igualdade de posibilidades", sinalou a alcaldesa.

Dez deportistas coa bolsa máxima

Este ano hai un total de dez persoas que recibirán a axuda máxima, destinada ás competicións máis esixentes. Trátase de Jacobo Garrido (natación adaptada), David Arcay (pesca deportiva), Irene Blanco (halterofilia), Irene Martínez (halterofilia), Alberto Gaitero (judo), Víctor Castro (halterofilia), María de Valdés (natación), Alberto Seoane (tenis de mesa), Ángel García (bicicleta de montaña) e Germán Ferreiro (esgrima). Cada un recibirá 3.500 euros para sufragar a súa participación en diferentes competicións internacionais.

As seguintes achegas son de 2.500 euros, destinadas ás competicións europeas. Os últimos dous tramos de axudas son de 1.500 para probas nacionais e de 500 para autonómicas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión