21 de julio de 2026
O xuíz de liña debutou nesta edición da copa internacional no partido entre Brasil e Haití, e é habitual nas competicións europeas e encontros entre seleccións
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita a Diego Sánchez Rojo, o primeiro árbitro coruñés e galego en participar nun mundial de fútbol. Rojo desempeñouse como asistente durante o campionato celebrado en Estados Unidos, México e Canadá, debutando no encontro entre Brasil e Haití, na fase de grupos.
"É un orgullo ver un coruñés poñer ben alto o nome da nosa cidade en citas internacionais coma o Mundial 2026, que nos tivo a todos e todas contendo o alento ata fai moi pouco e que agora é un motivo de ledicia para millóns de persoas. O traballo dos equipos arbitrais é vital para este deporte, son os que manteñen o xogo limpo e fan cumprir as regras para que o que suceda no terreo de xogo non saia nunca dos límites da deportividade e a competencia xusta. Por iso creo que figuras como a de Diego poden servir de inspiración. É unha exemplo de que, a través do deporte, tamén se poden transmitir valores", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.
Desde hai varios anos, Diego Sánchez Rojo é un habitual en competicións internacionais, tanto de clubes como de seleccións nacionais, e tamén arbitra en España en Primeira División, á que chegou despois do seu bo traballo en Segunda.

21 de julio de 2026

17 de julio de 2026

7 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible