Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de julio de 2026

Inés Rey recibe en María Pita aos 30 alumnos e alumnas que pasarán o curso que vén no Canadá co programa municipal Bolsas Norteamérica

A alcaldesa acompañou ás familias dos participantes e animou ao alumnado a aproveitar a súa estadía tanto a nivel formativo como personal, pola experiencia que supón

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita á trintena de alumnos e alumnas que participarán no programa municipal Bolsas Norteamérica, e que pasarán o curso 2026-2027 nun centro educativo do Canadá, durante o ano equivalente a 1º de Bacherelato.

A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, e polos familiares do alumnado, no acto celebrado no Salón de Plenos do Palacio Municipal. O grupo viaxará a Canadá o día 29 de agosto. 

"Esta iniciativa é un piar fundamental da nosa programación educativa anual, porque é unha ponte que non só conduce a mellorar o idioma, senón que tamén leva a medrar como persoa. A explorar e sentir", apuntou a alcaldesa. 

En total, o Concello destina 650.000 euros a esta iniciativa, que inclúe a estadía durante un ano académico no Canadá convivindo cunha familia anfitrioa, a escolarización nun instituto canadense, a tramitación do visado, as viaxes de ida e volta, a asistencia sanitaria e unha axuda mensual de 120 euros. O obxectivo das bolsas é permitir, de forma accesible para todas as familias, que os mozos e mozas dos centros da cidade poidan ter unha experiencia educativa e inmersiva internacional.

A inmensa maioría do alumnado participante desta edición recibiu a bolsa económica íntegra. É dicir, que o Concello costea a totalidade da viaxe e a estadía. "É unha honra como alcaldesa poder impulsar proxectos como as Bolsas Norteamérica. Centos de mozos e mozas da cidade xa gozaron delas e volveron encantados. Esta iniciativa serve para moito máis que aprender idiomas: é unha forma de abrirse ao mundo e a outras culturas e formas de vivir, unha experiencia persoal insustituible que vos animo a aproveitar", subliñou Inés Rey. 

Tamén participaron no acto Sara Otero, a estudante desta edición coas mellores cualificacións académicas, e Verónica Alejandra Palacios Martínez, participante na edición do curso pasado.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión