10 de marzo de 2025
"A igualdade non é só unha cuestión de xustiza social, é unha necesidade económica e un motor de transformación"
A xornada enmárcase na Resonac Women’s Week 2025 e conta coa participación de referentes da política, a industria e a investigación
O Club Nordés Empresarial acolleu esta mañá unha nova edición das Resonac Sparking Talks, un evento enmarcado na Resonac Women's Week 2025 que busca poñer en valor o papel fundamental das mulleres na transformación da economía, da industria e da sociedade. A alcaldesa, Inés Rey, abriu a xornada que contou coas relatorías de África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo; Beatriz Lorenzo, CEO e socia fundadora de Real Impact; e Cristina Reino, responsable da área de produción en Resonac Graphite Spain.
Durante a apertura, Rey destacou a importancia de recoñecer o talento feminino en todos os ámbitos e a necesidade de acelerar os cambios cara á igualdade real. "Non podemos falar de progreso sen contar coa metade da poboación e non podemos pensar nun futuro sostible, innovador e xusto sen a mirada, o traballo e o liderado de nós, as mulleres" explicou. Lembrou que as empresas TIC da Coruña representan case a metade do PIB de Galicia e sinalou que "isto non sería posible sen o 50% da poboación, sen o noso talento e sen a nosa capacidade de innovar e transformar".
Así mesmo, a alcaldesa reivindicou a relación entre igualdade e crecemento económico aseverando que "aquelas economías que avanzan son as que integran o talento de todas as persoas" e que "a igualdade non é só unha cuestión de xustiza social, é unha necesidade económica e un motor de transformación".

12 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025

21 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible