9 de septiembre de 2023
A alcaldesa asistiu esta mañá a Abegondo
A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á partida da plantilla do Deportivo ABANCA cara ao primeiro partido da temporada ante o CE Europa de Barcelona. A rexedora estivo acompañada polo presidente do Real Club Deportivo, Álvaro García Diéguez, e o conselleiro do club e ex xogador, Álex Bergantiños.
Rey tivo a ocasión de charlar coas xogadoras e co equipo técnico do Deportivo ABANCA nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, desde onde o equipo partiu a Barcelona. A alcaldesa desexoulle sorte ao equipo para afrontar "unha temporada ilusionante", coa mirada posta no ascenso á máxima categoría.
Inés Rey quixo lembrar o papel feito no club por xogadoras como Tere Abelleira, agora campioa do mundo, que tamén conseguiu o ascenso á máxima categoría co Dépor ABANCA. "Formar parte deste equipo é unha responsabilidade, pero tamén é unha honra pertencer ao club feminino máis representativo de Galicia", dixo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible