18 de junio de 2025
As solicitudes, elaboradas no marco dun proxecto escolar sobre participación cidadá, recollían propostas e peticións sobre a contorna educativa que a rexedora respondeu nun encontro coas nenas e nenos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou este mediodía o CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez para reunirse co alumnado de 3.º de Primaria, que nas últimas semanas redactaba cartas formais dirixidas á rexedora, formulando propostas sobre o colexio e a cidade no marco dun proxecto didáctico de educación para a cidadanía.
A actividade, promovida polo equipo docente, tiña como obxectivo achegar o funcionamento das institucións á realidade do alumnado e fomentar o espírito crítico, a implicación cívica e o respecto polas canles formais de comunicación coa Administración.
Durante o encontro, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, respondeu de forma persoal e directa ás cuestións formuladas nas cartas, nun ambiente participativo no que as nenas e nenos tiveron a oportunidade de expoñeren as súas ideas e reflexións.
A rexedora puxo en valor "o compromiso e interese que amosa o alumnado por mellorar o seu contorno, así como o traballo do profesorado por incentivar a participación cidadá desde a escola".
O Goberno municipal continúa así a súa liña de traballo en favor da educación en valores democráticos e da implicación das novas xeracións na vida da cidade, ao promover espazos de escoita activa e colaboración coa comunidade educativa.

26 de junio de 2026

25 de junio de 2026

23 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible