Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de junio de 2022

Inés Rey visita o set de ‘Hasta el cielo’, serie rodada en diversas localizacións da cidade e que se estreará en Netflix o próximo ano

A produción, co selo da firma coruñesa Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar, rodouse en espazos como a Terceira Rolda, o barrio dos Mallos e os polígonos de Agrela e Pocomaco

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou hoxe a rodaxe da serie 'Hasta el cielo', continuación da historia da película homónima, rodaxe que se leva a cabo na cidade desde o día 4 de abril.

Como na longametraxe, á fronte da dirección da serie está Daniel Calparsoro -'Salto al vacío', 'Cien años de perdón'- e Jorge Guerricaechevarría -'Quien a hierro mata', 'Celda 211'- asina o guión desta produción de Vaca Films para a plataforma Netflix, que plasma a vida dunha banda de ladróns enfrontada ás autoridades de varios países.

A visita de Inés Rey tivo lugar esta tarde no set de rodaxe situado no edificio de Demarcación de Estradas do Estado na Coruña. Da man de Emma Lustres, produtora da serie, a alcaldesa coñeceu polo miúdo os detalles da produción e conversou co director, Daniel Calparsoro, así como cos actores protagonistas Luis Tosar, Asia Ortega, Patricia Vico, Fernando Cayo e Tomás del Estal.

A serie 'Hasta el cielo' está composta por sete capítulos de aproximadamente 50 minutos. Desde o pasado 13 de febreiro, a rodaxe levouse a cabo en numerosas localizacións do globo: en Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo), París, Madrid, Algarve e Lisboa e, proximamente, Nixeria.

No caso da Coruña, a cidade ten especial relevancia como escenario, dada a presenza de lugares como os polígonos de Agrela e Pocomaco, a Fábrica de Armas, a Universidade da Coruña, o barrio dos Mallos, o hotel Hilton e a Terceira Rolda, onde se rodou unha espectacular persecución de camións.

No contexto da visita, a alcaldesa conversou con Emma Lustres sobre o que implica a rodaxe para a cidade, a nivel económico e de contratación de persoal de produción para a serie. "A Coruña, berce de pioneiros da sétima arte como José Sellier, está comprometida históricamente co cinema e o Goberno municipal aposta firmemente pola consolidación da Coruña como unha cidade de cine a través da posta en marcha da Coruña Film Office. A nosa cidade ofrece un universo infinito de posibilidades en enclaves e paisaxes urbanas para as producións televisivas ou a gran pantalla, e agradecemos que Vaca Films, unha firma que, ademais, é coruñesa, valore traballar na casa", sinalou Inés Rey.

O elenco de 'Hasta el cielo' está encabezado por Asia Ortega ('Hasta el cielo', 'Las del hockey'), Luis Tosar ('Maixabel', 'Código Emperador'), Álvaro Rico ('Élite', 'Sagrada Familia'), a debutante Alana ('La Hija del Jeque', 'Richard Holmes'), Patricia Vico ('Hasta el cielo', 'Las aventuras del capitán Alatriste'), Fernando Cayo ('La casa de papel') e os artistas de música urbana Ayax Pedrosa, Dollar Selmouni e Jarfaiter, que formaron parte xa do elenco do film. 

A estrea está prevista para o ano 2023 en todo o mundo, a través de Netflix.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión