14 de agosto de 2026
O cantaor actuará este sábado na praza de María Pita dentro da programación cultural municipal de agosto
As Noites de María Pita recibirán este sábado 15 de agosto a unha das grandes figuras do flamenco actual. O cantaor Israel Fernández actuará ás 22.00 horas na praza de María Pita, nun concerto gratuíto incluído na programación das Festas de María Pita 2026. Considerado un dos artistas máis destacados da escena flamenca contemporánea, Israel Fernández presentará na Coruña un espectáculo que percorre os principais fitos da súa discografía e no que conflúen o respecto pola tradición flamenca e unha visión renovadora do xénero.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a relevancia da actuación. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apostando por unha programación musical plural e de máxima calidade, capaz de reunir na Coruña algúns dos nomes máis importantes da música actual. Israel Fernández é hoxe unha referencia indiscutible do flamenco e a súa presenza reforza o nivel artístico das Noites de María Pita", sinalou.
Natural de Toledo, Israel Fernández consolidouse como unha das voces máis recoñecidas do flamenco contemporáneo grazas á súa capacidade para unir a esencia máis pura do cante coa innovación sonora. A súa traxectoria permitiulle conquistar tanto ao público máis tradicional como a novas xeracións de afeccionados á música. No escenario estará acompañado polo prestixioso guitarrista Diego del Morao e pola súa formación habitual, integrada por Ané Carrasco á percusión, Pirulo e Marcos Carpio ás palmas e coros. Ao longo da súa carreira, o artista publicou traballos tan destacados como 'Universo Pastora', 'Amor' ou 'Pura Sangre', este último nomeado ao Latin Grammy como mellor álbum de flamenco. En 2024 presentou 'Por amor al cante', un proxecto centrado nas raíces máis tradicionais do xénero.
A súa presenza foi habitual nos principais teatros e festivais de España, así como en escenarios internacionais de referencia en Francia, Reino Unido, Canadá, Estados Unidos e Noruega. Ademais, participou en eventos como o Primavera Sound, o Flamenco On Fire ou a Bienal de Sevilla. Na Coruña ten participado xa na programación cultural organizada polo Concello, como o Festival Noroeste Estrella Galicia.

14 de agosto de 2026

13 de agosto de 2026

12 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible