12 de septiembre de 2023
Será o próximo 29 de decembro no auditorio de Palexco e as entradas xa están dispoñibles
'Esfínter, un espectáculo para pechar o ano' volve con máis forza ca nunca no que xa é unha tradición dos últimos días do ano. O show dos cómicos galegos Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor regresa á Coruña tras o éxito da súa anterior parada na cidade, no Teatro Colón. Será o próximo 29 de decembro no auditorio de Palexco ás 21.00 horas. As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla.
Unha vez máis, o espectáculo súmase á programación cultural do Concello durante o último trimestre do ano. Os galegos Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor volven xuntarse por terceiro ano consecutivo para esta "cea de Nadal" producida por Etiqueta Negra. "Os cómicos son tan distintos e á vez tan compatibles sobre o escenario como o melón con xamón ou a pizza con piña", sinalan desde a promotora.
Esta terceira edición de 'Esfínter, un espectáculo para pechar o ano', promete o mesmo que en anos anteriores co pouso que dá o tempo e a experiencia e un show totalmente renovado. O Concello da Coruña, a través da súa área de Fomento e Promoción da Cidade, mantén a súa aposta pola cultura e a variedade de espectáculos ofertada nos diferentes recintos da cidade, que vivirán unha intensa actividade durante os últimos meses do ano.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible