Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de mayo de 2026

José Manuel Lage, sobre a sentenza de Nostián: “O Goberno de Inés Rey recuperou máis de 8 millóns para as arcas municipais”

O voceiro do Goberno municipal compareceu para valorar a sentenza que desbota o recurso presentado polo PP e que refrenda a xestión do Executivo recuperando fondos desde o ano 2011 que non foran reclamados antes

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, valorou hoxe a sentenza xudicial que desbotou o recurso presentado polo voceiro do grupo municipal do PP contra o acordo que permitiu ao Concello recuperar máis de 8 millóns de euros derivados do sobrecusto de xestión dos residuos na planta de Nostián entre os anos 2011 e 2018.

O acordo, acadado no primeiro trimestre do ano pasado, foi obxecto dunha demanda por parte do PP, que tal e como precisou Lage na rolda de prensa desta mañá, "solicitou a anulación do acordo ao entendelo lesivo e que encubría unha renuncia ao cobro de ingresos de dereito público, irrenunciables, e sen seguir o procedemento legal establecido".

Hoxe, Lage informou de que o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 da Coruña non só ratificou a legalidade do acordo transaccional acadado con Albada, senón que desestimou integramente a demanda interposta polo PP, rexeitando un por un todos os seus argumentos. O primeiro tenente de alcaldesa lembrou que a reclamación á empresa era por cantidades desde o ano 2011, mais non houbo ningún goberno entre ese ano e o 2019 que fixera nada para recuperar os fondos públicos. "O voceiro do PP formaba parte do Goberno municipal do PP entre os anos 2011 e 2015, cando, pese ás advertencias do secretario do Concello, non fixeron nada por cobrar nese período".

O edil apuntou que, xa con Inés Rey como alcaldesa, "puxemos en marcha os mecanismos necesarios para a recuperación destes recursos, habendo informes municipais que dicían que, como moito, se podían chegar a recuperar 4 millóns. A estratexia de negociación que seguimos tivo unha repercusión de doblar esa previsión, Polo tanto, o Goberno de Inés Rey recuperou máis de 8 millóns de euros para as arcas municipais".

Lage lembrou que os anteriores executivos locais "tiñan informes dos habilitados nacionais para recuperar esas cantidades e puideron utilizar a declaración de lesividade de forma inmediata, desde o ano 2011. Que intereses houbo para non cobrar durante todo ese tempo a débeda?". O concelleiro puxo en valor que por dúas veces instancias xudiciais validaron o acordo. "Hai dúas formas de facer política, a do bulo e a mentira e a xudicialización da política que practican algúns, e a da xestión que obtén recursos para a cidade que practica este Goberno", indicou. 

Compensación de 8,3 millóns de euros, destinados ás arcas municipais

Esta mañá, Lage lembrou que, en novembro de 2023, o Concello iniciou o procedemento administrativo para reclamarlle a Albada, concesionaria da planta de residuos de Nostián, a cantidade correspondente ao sobrecusto de xestión dos residuos entre os anos 2011 e 2018. Esta contía foi asumida polo Concello, mais tal e como sentenciou o Tribunal Superior de Xustiza, o custo de tratamento dos residuos rexeitados debía ser asumido pola concesionaria.

Finalmente, en marzo do ano pasado, o Concello chegou a un acordo transaccional con Urbaser, validado polo xulgado, coa que se negociou para poñer fin á vía xudicial e que reintegrase 8,3 millóns ao Concello, recoñecendo así seu dereito a compensación. "Houbo un partido que intentou intentou anular ese acordo e deixar á cidade sen nada, os xulgados puxeron a cada un no seu sitio", dixo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión