3 de agosto de 2015
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento critica a “irresponsabilidade económica” da anterior administración local e o “bloqueo político” desenvolvido polos seus membros desde o cambio de goberno
O Goberno local pechará nesta semana o gasto íntegro do mes de agosto asociado ás festas de María Pita, tal como anunciou na mañá deste luns o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. “Podo dicir que o Goberno municipal vén de salvar literalmente as festas de María Pita”, sinalou o responsable municipal, que vinculou as dificultades na súa organización á “irresponsabilidade económica do Goberno anterior e o capricho daqueles que non cren no ben común, ou son capaces de sacrificalo polo seu interese”.
Sande tamén denunciou o “bloqueo político” sufrido polo novo Goberno local desde a súa entrada, un período que, recalcou, trouxo “maiores doses de transparencia da historia deste Concello, co oposición podendo participar en todos os organismos”. “Diríalle ao grupo municipal do PP que benvido á transparencia, que goce das festas e que asimile dunha vez que xa non goberna”, manifestou o concelleiro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible