Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de septiembre de 2023

Juan Ignacio Borrego recibiu hoxe ao alumnado do instituto Lorenzo Mascheroni, de Bérgamo, en intercambio na Coruña co IES de Durmideiras

O concelleiro convidou á rapazada a disfrutar da oferta cultural e divulgativa da cidade, con énfase na programación dos Museos Científicos Coruñeses e as visitas á Torre de Hércules

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, recibiu hoxe ás alumnas e alumnos do instituto Liceo Scientífico Statale Lorenzo Mascheroni, de Bérgamo (Italia), que están realizando un intercambio cos estudantes do IES Plurilingüe Durmideiras.

O concelleiro destacou a importancia deste tipo de intercambios culturais que se levan a cabo cada vez con máis frecuencia nos centros educativos da cidade, e animou ás alumnas e alumnos do país transalpino a disfrutar da súa estadía na Coruña, especialmente da oferta cultural e divulgativa promovida a través da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses.

Ademais, convidou ao alumnado a visitar a Torre de Hércules para achegarse ao pasado romano que comparten Bérgamo e A Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión