30 de septiembre de 2023
Esgotadas todas as entradas para a actuación desta noite da cantautora canaria Valeria Castro, que aspira aos Grammy Latinos
O ciclo de concertos Selección Sonora, que terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, pecharase o vindeiro 20 de outubro coa actuación de La Habitación Roja. A banda valenciana, con case 30 anos de carreira musical, ofrecerá un concerto íntimo no que repasará os grandes éxitos dos seus 13 discos de estudio.
Deste xeito, e tras a cancelación por enfermidade do concerto de The Sonics, pecharase o ciclo Selección Sonora. Con esta iniciativa o Concello da Coruña recupera o Centro Sociocultural Ágora para acoller grandes citas musicais do circuíto nacional e internacional. Polo escenario do seu auditorio xa pasaron Israel Fernández e Diego de Morao, referentes da escena do flamenco, os británicos Temples e os americanos Allah-las, de grande éxito internacional na corrente do rock psicodélico.
Ademais, hoxe actuará no Ágora a cantautora canaria Valeria Castro, que aspira aos Grammy Latinos. As entradas para o seu concerto están xa esgotadas, o que unido á grande entrada do resto de espectáculos programados confirma o éxito deste ciclo promovido polo Concello.
As entradas para o concerto de La Habitación Roja xa están á venda a través de Ataquilla e do despacho de billetes da praza de Ourense a partir de 16 euros. O seu concerto, programado para o venres 20 de outubro, comezará ás 20.30 horas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible