19 de agosto de 2022
Os barrios de Eirís e Novo Mesoiro acollerán a próxima semana as súas festas
O centenario do Sin Querer centra os festexos, que contarán con circo e música como principais reclamos
As festas populares proseguiran mañá no barrio de Labañou e San Roque, tomando desa maneira o relevo da Gaiteira e do Castrillón, que celebraron por todo o alto os seus festexos, promovidos polo Concello en colaboración coas asociacións veciñais.
Esta semana que remata foron A Gaiteira, o pasado luns, e o Castrillón-Urbanización Soto os barrios que acolleron as tradicionais festas, con actividades para os máis novos e con verbenas e concertos.
Mañá sábado será a quenda de Labañou e San Roque, que celebrarán ao grande o centenario do club do barrio, o Sin Querer. Para iso organizouse na praza da Tolerancia o circo de Isla de Triska, a partir das 19.30 horas, ao que seguirán as actuacións de Belén Tajes, ás 20.30 horas; Sin Querer Centenario Band, ás 22.00 horas; e The Teta's Van, a partir das 23.40 horas. Durante estes actos darase a coñecer o himno oficial do centenario do Sin Querer, composto por Paco Lodeiro e Miguelón Ladrón de Guevara.
As festas e verbenas nos barrios rematarán a próxima semana. Así, o día 23 terá lugar a tradicional Festa da Fresa en Eirís, con actividades durante toda a tarde no parque de Eirís; O programa comezará con actividades infantís desde as 16.30 horas, coa apertura media hora despois da exposición das fresas e con pases guiados polas hortas. Ás 18.30 horas haberá degustación gratuíta de fresas e ademais a disputa do torneo de fútbol masculino e feminino, cos encontros Eirís-Liceo de Monelos e Eirís-Novo Mesoiro.
Ás 19.00 horas actuará Paco Nogueiras para o público infantil e unha hora máis tarde será A Trova Coruñesa a que ofreza un recital. Xa ás 22.00 horas haberá un concerto a cargo de Culimaia, para pechar a xornada cunha verbena protagonizada pola orquestra Marbella.
Do 25 ao 29 de agosto as festas chegarán a Novo Mesoiro, que terá un amplo programa de actos. Así, o xoves, ás 20.00 horas, haberá mexillonada nos locais Mi Barrio, A do Cuñado e O Roncudo. O venres, sesión de danza africana e percusión coa ONG Porqueno? e a partir das 22.00 horas, rock alternativo con Aphonic, Strikeback e Morguen. O sábado, a partir das 10.00 horas, comezarán as actividades con deportes, crossfit gratuíto e baloncesto; ao que seguirán os tradicionais pasacalles e a sesión vermú a cargo da orquestra A Favorita, a partir das 13.30 horas, que repetirá á noite a partir das 22.00 horas, coa presenza tamén do DJ Javito. Pola tarde, será de novo a quenda para o deporte, con fútbol feminino e balonmán.
O domingo a sesión vermú será ás 13.00 horas e estará protagonizada por Virtual Project e a esa mesma hora celebrarase unha churrascada e pulpada. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, a xornada estará dedicada aos máis pequenos, con actuacións do músico Pablo Díaz, o grupo Música Maestro e o mago Román. O luns, 29, acabaranse os festexos coa celebración do Día do Neno e coa habilitación das atraccións a metade de prezo.

20 de diciembre de 2025

19 de diciembre de 2025

18 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible