11 de febrero de 2016
A colocación desta malla, que posibilitará iniciar as labores de reparación, terá lugar, previsiblemente, entres ás 17.00 e 18.00 horas
Está previsto que entre ás 17.00 e 18.00 horas da tarde deste xoves, técnicos do servizo municipal de mantemento coloquen unha estrutura metálica de tres por tres por cinco metros na gabia aberta en Rubine, dentro dos traballos que se desenvolven desde primeira hora do martes para a reparación do colector da rede de saneamento deteriorado. Unha vez que est estea colocada, para dotar de “total seguridade” o traballo dos operarios, as labores de reconstrución da infraestrutura danada poderán iniciarse, segundo destacou o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, que estivo esta mañá supervisando a zona, xunto co persoal que desenvolve as actuacións na mesma, e membros da Policía Local e dos Bombeiros.
Para a instalación da caixa metálica será necesaria a intervención dunha grúa. Non obstante, non está previsto que se leve a cabo ningún corte de circulación no momento da colocación, a maoires do dispositivo especial de tráfico que xa está en marcha.
A función desta estrutura metálica que se colocará contra a tarde, tal e como explica o concelleiro Varela, “é a de permitir aos operarios traballar no interior con seguridade absoluta, toda vez que os terreos están compostos por area”. O responsable municipal quixo destacar “o bo traballo que están a realizar tantos estes operarios, como os técnicos de infraestruturas que realizaron a malla metálica, e as forzas de seguridade”.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible