4 de diciembre de 2023
As entradas saen á venda mañá en Ataquilla, na praza de Ourense e no propio teatro
O Concello da Coruña, a través da súa Área de Fomento e Promoción da Cidade, organizará no Teatro Colón un concerto moi especial do grupo de música tradicional galega Leilía. Será o 7 de xaneiro ás 20.30 horas.
O grupo de cantareiras actuará na cidade na súa xira de despedida dos escenarios 'Anque me vou non me vou'. As entradas para o seu recital estarán dispoñibles este martes, 5 de decembro, a partir das 11.00 horas en Ataquilla e no despacho de billetes do Teatro Colón e da praza de Ourense.
Leilía, formado no 1989 por Ana Rodríguez, Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Montse Rivera, Rosario Rodríguez e Patricia Segade, é un dos nomes máis recoñecidos no panorama do folk galego e un dos primeiros grupos de cantareiras en Galicia. No seu espectáculo de despedida mesturarán cancións novas, do seu último traballo, 'Vidas cantadas', con outros clásicos do seu repertorio.
O Goberno de Inés Rey amosa con esta nova actuación o seu compromiso coa cultura galega e coa música tradicional, que conta cun papel destacado dentro da programación cultural da cidade ao longo do ano.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible