Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de septiembre de 2023

Loquillo e Miguel Costas encabezan o cartel dunhas festas do Rosario con tres días de música e actividades

O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou a programación dos festexos da patroa da Coruña

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a programación das festas do Rosario, a patroa da Coruña, que se celebrarán a vindeira semana, do venres 6 ao domingo 8 de outubro. Estivo acompañado pola vicepresidenta da asociación de veciños da Cidade Vella, Carolina Barros. "Hoxe presentamos unha programación cun carácter eminentemente cultural, propio dun barrio que é historia e patrimonio da nosa cidade", sinalou Castro.

A grande actuación desta edición das festas do Rosario será a de Loquillo, que estará na praza de María Pita o sábado 7 ás 22.30 horas. Ademais, o rock galego tamén terá o seu protagonismo co concerto de Miguel Costas, fundador de Siniestro Total, que ofrecerá en Azcárraga un repertorio especial cos grandes éxitos da formación viguesa o sábado ás 20.45 horas.

A programación musical complétana formacións coruñesas e galegas, "facendo unha nova aposta pola nosa música nunhas celebracións tan sinaladas para a nosa cidade", tal e como incidiu Gonzalo Castro. Amizades, Broken Peach, Los Alcántara, Sito Sedes ou Hot Chocolates son algúns dos grupos que actuarán de venres a domingo.

A pregoeira desta edición será María Isabel Blas Rodríguez, fundadora da asociación veciñal e impulsora das festas do Rosario. Coa súa designación, o Concello e a asociación queren amosar o seu recoñecemento a unha persoa implicada durante toda a súa vida co avance da Cidade Vella e os seus festexos.

A programación complétase con actuacións musicais para todos os públicos e actividades para os máis pequenos. "O Goberno de Inés Rey volve apostar polo Rosario cunha destacada axenda festiva co obxectivo de que estas celebracións tan emblemáticas sexan as de todos os coruñeses e coruñesas", apuntou Gonzalo Castro.

Documentos:

Programación completa (1 MB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión