Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de febrero de 2023

Luz verde á solicitude de financiación do edificio proxectado na parcela Z-37 de Xuxán, onde está previsto construír 50 vivendas en réxime de alugueiro social

A axuda á que pode optar o Concello da Coruña para acometer esta actuación é de 2,4 millóns de euros

Este mércores, 15 de xaneiro, Xunta de Goberno Local autorizou hoxe a solicitude de financiación ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a construción dun edificio de 50 vivendas de protección pública en Xuxán, concretamente na parcela Z-37 do Ofimático, en solo de titularidade municipal.

Inés Rey explicou que "en paralelo ao proceso de urbanización de Xuxán, iniciado en xaneiro de 2022, e tendo en conta as necesidades de vivenda pública existentes na cidade, formulamos a construción destas 50 vivendas para que se xestionen en réxime de alugueiro social".

A este respecto, a axuda á que pode optar o Concello para acometer esta actuación é de 2,4 millóns de euros. A solicitude de financiación en cuestión faise a través do Programa de Axuda á Construción de Vivendas en Alugueiro Social, pertencente ao Plan de Recuperación e Transformación que está financiado con fondos Next Generation.

"O Concello xa ten moi avanzado este proxecto, mais solicita fondos á Xunta para poder levalo a cabo. É importante aclarar que non son fondos autonómicos, senón Next Generation xestionados pola Xunta. Agardamos que, despois de negarnos as axudas para o bus urbano e de presentar aquela pasarela que despois desapareceu, teñan agora algo máis de sensibilidade cun tema tan importante como é a vivenda", recordou a rexedora.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión