3 de diciembre de 2025
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o texto do protocolo entre Repsol Petróleo, a AAVV do núcleo residencial e o Concello
Ao abeiro das actuacións que contempla o Plan de Barrios 2025-27, hoxe aprobouse na Xunta de Goberno Local o texto do protocolo que o Concello asinará proximamente coa compañía Repsol Petróleo e a Asociación de Veciños de Bens-Mazaído, un acordo que posibilitará a construción dun parque infantil moi preto dos núcleos residenciais de Bens e Mazaído.
Este acordo a tres bandas susténtase da seguinte forma: Repsol efectuará unha doazón económica á asociación veciñal para sufragar a adquisición dunha parcela de 1.100 metros cadrados e uso rústico, onde se acometerá a construción da área de xogos. Antes de executala, a AAVV cederá o terreo ao Concello e, desta forma, o Concello executará este novo equipamento destinado ás crianzas.
A parcela onde se construirá a área de xogos está moi preto do local veciñal e tamén da pista deportiva cuberta de Bens-Mazaído.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou este acordo como "un bo exemplo de como a colaboración público-privada ten un impacto positivo sobre a veciñanza, dando resposta ás súas necesidades".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible