Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de julio de 2025

Luz verde ao convenio que permitirá a recuperación das Xubias, rexenerando o núcleo tradicional e completando o paseo marítimo

O Pleno refrendou o acordo que abre camiño á transformación da zona mediante a colaboración do Concello e os propietarios do solo

A rexeneración da fachada marítima da Coruña terá no núcleo poboacional das Xubias outro dos seus principais eixos de acción. Así o refrendou hoxe o Pleno tras aprobar definitivamente o convenio urbanístico mixto que abre camiño á transformación da zona mediante a colaboración do Concello e os propietarios do solo.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, foi o encargado de desgranar as principais liñas estratéxicas do acordo, que permitirá ao Goberno de Inés Rey avanzar na folla de ruta prevista para recuperar o bordo litoral da Coruña, poñendo en valor As Xubias e mellorando a zona, respectando o seu patrimonio, historia e singularidade.

Esta recuperación, tal e como explicou Lage, "se baseará nas directrices dadas desde este Concello, e contará cun dos grandes arquitectos do panorama internacional, David Chipperfield, para garantir a calidade dun proxecto chamado a ser un referente". O concelleiro avanzou que o próximo paso será contar, dentro de catro meses, cunha proposta detallada de ordenación do ámbito, para poder traballar tamén en paralelo na modificación do Plan Xeral.

A este respecto, no ámbito se desenvolverá vivenda libre -pendente aínda de cuantificación-, mais tamén vivenda protexida, co compromiso de engadir un 20% sobre o establecido no proxecto. Ademais, a actuación nas Xubias suporá tamén a rehabilitación de vivendas e a recuperación do tecido urbano tradicional e a integración paisaxística e ambiental das novas construcións, coa creación de espazos públicos, zonas verdes e mellora da accesibilidade, mantendo tamén as vías do tren para poder aproveitar no futuro a conexión ferroviaria.

"Con este acordo gañamos todos. Primeiro, porque se reduce a edificabilidade prevista no PXOM do 2013 e, a maiores, porque gaña en calidade urbana un núcleo que, por desgraza, estivo durante moito tempo á marxe dos grandes investimentos da nosa cidade", dixo Lage.

Ademais, entre os obxectivos marcados figura a intención de integrar o Pazo Guyatt como equipamento público e os seus xardíns como zona verde.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión