Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de febrero de 2026

Luz verde da Xunta de Goberno á nova Ordenanza de Terrazas

O Goberno de Inés Rey redefine o marco regulador en exteriores para locais de hostalería e reforzará as esixencias de harmonía estética e respecto á mobilidade e a accesibilidade en toda a cidade, aportando tamén seguridade xurídica ao sector hostaleiro

O Concello aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a nova Ordenanza Municipal Reguladora da Instalación de Terrazas en Espazos de Dominio Público ou de Uso Público. O texto actualiza o marco regulador para adaptalo á nova realidade estrutural do sector hostaleiro, que nos últimos anos experimentou un auxe significativo no número de terrazas, sobre todo cos cambios que supuxo a pandemia da Covid 19. A ordenanza irá próximamente a pleno para seguir o proceso de cara á súa aprobación definitiva e entrada en vigor. 

Os obxectivos principais da iniciativa son garantir a través da acción reguladora o respecto a cuestións fundamentais como o descanso da veciñanza en zonas saturadas polo ruído, os criterios de harmonía estética de lugares emblemáticos da cidade e a integridade arquitectónica de áreas con protección especial como as protexidas polo PEPRI. Ademais, a ordenanza outorga seguridade xurídica ao sector hostaleiro, recoñecendo tamén o papel que xogan as terrazas na dinamización das distintas rúas e prazas da cidade. 

"As terrazas ofrecen moitos aspectos positivos, pois contribúen ao esparexemento e ás relacións sociais, pero un exceso de ocupación supón unha invasión do espazo público en detrimento das persoas viandantes e pode xerar poblemas de accesibilidade, mobilidade ou ser orixe de ruídos excesivos e suciedade", explicou a alcaldesa Inés Rey.

Unha das novidades mais salientables da ordenanza é a solicitude e tramitación conxunta da licenza para instalar a terraza na vía pública anexa a un establecemento e a autorización para ocupar o dominio público ou espazo de uso público, resolvéndose agora de maneira conxunta ámbolos dous títulos baixo a denominación de "licenza de terraza", en aras dunha maior axilidade e de facilitar os trámites ao sector hostaleiro, que até o de agora tiñan que solicitar dous permisos.  

Tamén introdúcese un paquete de requisitos, criterios e limitacións específicos para as terrazas situadas nalgún ámbito de protección do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ou nalgunha das zonas do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixaría (PEPRI) -máis restrictivos que os aplicables a terrazas en régime xeral-. Nestas áreas defínense unhas normas estéticas máis homoxéneas e restritivas, cun mobiliario que debe estar feito de materiais concretos (madeira tratada, tea, aceiro, aluminio, ferro, plástico de deseño atractivo e de boa calidade ou combinacións destes), de cores concretos (grises impuros, brancos impuros, areas, terras e con acabado mate) e sen presenza de terrazas estables nin de tarimas.

En zonas singulares do ámbito Pepri engádense directrices estéticas adicionais. En María Pita, as terrazas serán sobre tarima, dispoñendo de elementos de sombra autoportantes ou ancorados, non podendo fixar elementos de instalación nas fachadas, e con toldos a dúas augas pendendo dun pórtico ou estrutura autoportante. Nas avenidas de Montoto e A Marina, os toldos deberán ser monocrómaticos, os elementos de instalación do toldo serán sempre en cores mate evitando os cromados e cores estridentes e as terrazas serán de cerramento estable. No Parrote, a cor dos toldos será beixe (concretamente, o ton identificado coa numeración 0502-Y da Guía de Cor e Materiais de Galicia). Na Cidade Vella, o mobiliario só poderá ser de madeira ou de madeira combinada con tea, ferro ou plástico de deseño atractivo e de boa calidade. Na Praza de España e o Campo da Leña, a cor dos toldos será a correspondente as cores incluídos no apartado U01 Sinxeleza da Guía de Cor e Materiais de Galicia.

Clasifícanse tamén as terrazas atendendo a se se atopan nalgún dos Plans zonais establecidos no marco do Plan de xestión do ruído e de acordo coa normativa de protección contra a contaminación acústica, contemplando un horario máis reducido para aquelas terrazas situadas nunha zona definida como acusticamente saturada (ZAS) ou zonas de protección acústica especial (ZPAE) ou de especial protección (ZEP).

O horario de peche das terrazas en zona común será:

  • Durante os meses de maio, xuño e setembro, de domingo a xoves ás 00.30 horas, e venres, sábados e vésperas de festivo ás 01.30 horas. 

  • Durante os meses de xullo e agosto, ás 02.30 horas.

  • Durante o resto do ano, do 1 de outubro ao 30 de abril, de domingo a xoves ás 23.30 horas, e os venres, sábados e vésperas de festivo ás 00.30 horas.

Nas terrazas situadas en zona ZAS, ZPAE ou ZEP, o horario de peche será:

  • Durante os meses de maio, xuño e setembro, de domingo a xoves ás 00.00 horas, e venres, sábados e vésperas de festivo ás 01.00 horas. 

  • Durante os meses de xullo e agosto, de domingo a xoves á 01.30, e venres, sábados e vésperas de festivo ás 02.00. 

  • Durante o resto do ano, do 1 de outubro ao 30 de abril, de domingo a xoves ás 23.00 horas, e os venres, sábados e vésperas de festivo ás 00.00 horas

O Goberno poderá establecer en todos os casos extensións de horarios en datas puntuais xustificadas.

Ademais, establécese a constitución dunha Mesa de Terrazas conformada por integrantes dos diferentes grupos políticos e a incorporación da figura das terrazas en zonas de estacionamento como unha modalidade de terraza con cerramento estable -e que só poderán establecerse en rúas dun máximo de dous carrís, cun límite de velocidade de ata 30 km/h e cun ancho de beirarrúa de menos de 2,5 metros-. 

Entre as novas obrigas das persoas titulares das licencias estará a de expoñer nun lugar visible a licenza e o plano autorizado da terraza a través dun código QR facilitado polo Concello. Así mesmo, as terrazas en prazas de estacionamentos deberán ter unha separación mínima de 5 metros con pasos peonís e interseccións. 

O ordenanza establece tamén un réxime sancionador que permita actuar cando os locais de hostalería incumpran a normativa. As sancións poden oscilar entre os 1.000 e os 10.000 euros.  

"Esta ordenanza busca ordear as terrazas, con melloras para os hostaleiros que na anterior normativa non existían, como a instalación en prazas de estacionamento, e busca tamén garantir que se cumpran as normas e se garanta o tránsito peonil nas distintas rúas. O que busca, en definitiva, é mellorar a convivencia e contribuír tamén a unha mellora da calidade estética da cidade", indicou a alcaldesa. 

Bonificacións por xestión reponsable dos residuos

Na Xunta de Goberno Local presentouse a instrucción que regulará a forma de proceder na xestión administrativa dos expedientes de beneficios fiscais cando os cidadáns soliciten a aplicación da redución da cota variable da taxa de recollida de lixo por "comportamentos responsables" no reciclaxe. No caso de particulares esa deducción na parte variable do recibo será do 55%.

Poderán optar á dedución as persoas que poidan acreditar o cumprimento de algún dos seguintes supostos:

  • Que a vivenda conte cun composteiro domiciliario sempre que non se constate o incumprimento ou falta de uso do mesmo. 

  • Que no ano inmediatamente anterior ao da imposición se teñan realizado, como mínimo, dúas entregas a algún dos puntos limpos municipais.

  • Que no ano inmediatamente anterior ao da imposición se teñan depositado, como mínimo unha vez, residuos voluminosos chamanado ao 010 para o seu tratamento, que deberá ser tamén documentado. 

  • Que no ano inmediatamente anterior ao da imposición se teña comunicado ao 010 a petición de retirada de restos de podas de domicilios particulares.

No caso de que a vivenda indique que conta cun composteiro doméstico, deberá ser acreditado mediante declaración responsable e fotografías. Deberá figurar a localización do composteiro, que debe ser na propia vivenda. Así mesmo, deberá achegar tres fotos do nivel de enchido do composteiro, indicando calquera cuestión relevante (como trasfega do material, baleirado, etc.).

Todos os trámites para solicitar a deducción poderán facer a través do formulario que estará dispoñible na páxina web do Concello.

"Apostamos pola reciclaxe e pola correcta separación dos residuos, queremos unha cidade máis limpa e con menos residos, por iso bionificamos a todas aquelas persoas que demostren ese compromiso", explicou Inés Rey. 

Outras cuestións

Tamén se aprobaron en Xunta de Goberno Local outras cuestións relevantes, como a adxudicación do procedemento de venda forzosa mediante poxa pública do inmoble situado no número 3 da rúa Damas, recuperado no marco do plan de ruínas para garantir a súa remodelación. Desta maneira, o Concello pon fin a unha situacion anómala, despois de que os ata agaroa propietarios do inmoble desatenderan os requirimentos realizados para a correcta conservación do edificio. Agora nos novos propietarios presentarán nos vindeiros meses un proxecto de rehabilitación. 

A súa vez, aprobouse a convocatoria das subvencións para as iniciativas "XIII Deporte Solidario Inclusivo" e "XI Cultura Accesible e Inclusiva", da Fundación Emalcsa, e a aprobación da participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2026 da Deputación. Con estas axudas custearanse, entre outras cousas, melloras de saneamento no Barrio das Flores (cunha achega solicitada de 599.749,85 €) e outras accións pertencentes a este exercicio ou ao anterior.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión