14 de agosto de 2025
A actuación, que forma parte das Festas de María Pita 2025, será ás 22.00 horas
O recoñecido ilusionista Pedro Volta actuará este venres na praza de María Pita, ás 22.00 horas, co seu espectáculo 'Magic Space'. Trátase dunha función de maxia familiar na que o ilusionista galego porá especial énfase nos detalles visuais e contará cunha posta en escena teatral.
A maxia de Pedro Volta está deseñada para conmover e ilusionar ao público de maneira extraordinaria, con espectáculos inspirados na ciencia ficción, a conquista do espazo, a física cuántica e narrativas humanas emocionantes. Utilizando diversas ramas do ilusionismo, desde a maxia máis próxima ata grandes efectos escénicos, Volta busca provocar unha sensación de asombro e o imposible, apoiándose en medios audiovisuais, iluminación espectacular e unha posta en escena teatral.
Este creativo mago galego destaca polo seu talento para comunicar e presentar os seus actos de ilusionismo de forma fantástica, logrando que o público salga do teatro fascinado e crendo na maxia.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible