Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de mayo de 2026

Máis de 1.300 persoas confirmaron a súa participación na baixada popular de cross de San Pedro de Visma, que terá lugar este domingo

Ademais, xa están abertas as inscricións na carreira popular dos Rosales, que marcará o ecuador desta tempada do circuíto Coruña Corre

O circuíto Coruña Corre, un dos programas deportivos máis multitudinarios do Concello, volve este domingo ás rúas da cidade. Será no barrio de San Pedro de Visma, que acollerá unha nova edición da baixada popular de cross, na que está prevista a participación de máis de 1.300 persoas.

Como xa é habitual, a xornada abrirase coa disputa da proba en categoría absoluta. Será ás 10.00 h, con saída desde a contorna do centro cívico e subida pola estrada de Bens. O percorrido continuará polas sendas do parque e volverá baixar novamente pola estrada en dirección á rúa San Pedro de Visma. Serán, en total, case 6,5 quilómetros de trazado.

A competición estenderase ao longo da mañá ás categorías inferiores, desde os atletas sub-18 ata os peques. En función da idade das e dos participantes, os percorridos variarán desde o 2,4 quilómetros (para os sub-18) ata os 110 metros de distancia, que correrán os máis pequenos.

A recollida de dorsais, este sábado 9 no Centro Comercial Cuatro Caminos

As persoas inscritas na carreira que precisen recoller o seu dorsal poderán facelo mañá, sábado 9 de maio, nas instalacións do Centro Comercial Cuatro Caminos, patrocinador do circuíto Coruña Corre. Será de 11.00 ás 20.30 horas, de forma ininterrompida.

As persoas que non residan na Coruña e non podan acudir a recoller o seu dorsal, poderán recollelo o propio domingo no gardarroupa que se habilitará no centro cívico de San Pedro de Visma, sempre previo aviso ao enderezo electrónico carreraspopulares@coruna.gal.

Ademais, cómpre lembrar que as e os participantes tamén terán á súa disposición un amplo abano de servizos o domingo, propio día da carreira: duchas no pavillón polideportivo de Labañou (de 10.30 a 13.00 horas) e gardarroupa no Centro Cívico Municipal de San Pedro de Visma (de 9.30 a 11.15 horas).

Están abertas as inscricións na carreira popular dos Rosales, o 31 de maio

Ás portas da cita en San Pedro de Visma, o Concello avanza tamén coa organización da vindeira proba do circuíto Coruña Corre: a carreira popular dos Rosales, que terá lugar o domingo 31 de maio, e que xa ten as inscricións abertas.

A xornada deportiva nos Rosales arrincará ás 10.00 horas a carón do pavillón polideportivo municipal do barrio, na avenida de Fernando Suárez García. Con saída á beira do paseo marítimo, as e os participantes poderán desfrutar dun percorrido de case seis quilómetros polas rúas interiores dos Rosales e o paseo do Portiño.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, animou a cidadanía a sumarse a esta nova cita de Coruña Corre, que marcará o ecuador desta tempada no circuíto. Ao igual que nas edicións previas, haberá unha parada temporal durante os meses estivais e, xa en setembro, abrirase a segunda parte do calendario deste ano, coa Volta a Oza (13 de setembro), O Ventorrillo (25 de outubro) e Novo Mesoiro (22 de novembro).

"Coruña Corre é un piar fundamental na programación deportiva e de hábitos saudables que promove o Concello. Estamos orgullosos de que, ano tras ano, máis persoas de todas as idades estean connosco gozando dunha iniciativa que non só é sinónimo de saúde; tamén de vida e dinamización para os nosos barrios", subliñou Vázquez, que puxo en valor o compromiso do Goberno de Inés Rey para seguir reforzando o circuíto e mellorando a experiencia das persoas usuarias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión