Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de febrero de 2026

Máis de 50.000 persoas disfrutaron hoxe dos festexos do Martes de Antroido na rúa da Torre e a súa contorna

O concurso infantil de disfraces e o concurso de choqueiras e choqueiros pecharon a programación da xornada

Xornada de festa na Coruña coa celebración do tradicional Martes de Antroido, data sempre sinalada no calendario de inicios de ano na cidade e que hoxe, con mellores condicións meteorolóxicas que nos días previos, non defraudou a ninguén.

Máis de 50.000 persoas viviron o día grande do Antroido coruñés na rúa da Torre e a súa contorna, que foi gañando en ambiente a medida que avanzou a tarde, xa coa celebración do concurso infantil de disfraces (17.00 horas, no Campo da Leña) e, posteriormente, o concurso de choqueiras e choqueiros (20.00 horas, na rúa da Torre).

Aquí podes consultar o balance de premiados en ambos os concursos.

CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES

1º premio individual (2)

  • Farola do paseo marítimo
  • Cidade da Coruña 

2º premio individual (2)

  • La casa de las zapatillas
  • Vilma Picapiedra 

3º premio individual

  • Torre de Hércules

1º premio familiar

  • Praceiras de praza de Lugo

2º premio familiar (2)

  • Confeti
  • Choqueiros en flor

3º premio familiar (3)

  • Aladdín
  • NASA
  • Sombrerero loco e Reina de corazones

CONCURSO DE CHOQUEIRAS E CHOQUEIROS

1º premio individual 

  • O embaixador das catro erres

2º premio individual (2)

  • Bibliotecaria
  • Torera

3º premio individual (3)

  • Juegos de azar
  • Hada del bosque
  • La hora de la merienda

1º premio grupo

  • Movidas chungas

2º premio grupo (2)

  • Clínica Papuda
  • Os dibus do Xabarín

3º premio grupo (3)

  • Camelot Park
  • Pinta e colorea 
  • Coa casa a costas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión