Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de mayo de 2023

Máis de 700 corredores e corredoras competiron na Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

A segunda proba do circuíto de carreira populares Coruña Corre disputouse esta mañá entre o centro cívico e o parque de Bens

Esta mañá disputouse a segunda proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Tratouse da XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma. Na competición participaron 721 corredores, dos cales 555 disputaron a proba absoluta.

A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Houbo un avituallamento sólido e líquido na meta. O mellor tempo da categoría absoluta foi para Álvaro Presedo, que parou o crono en 21 minutos e 37 segundos. Na categoría masculina acompañárono no podio Abdelaziz Fatihi e Rubén Liñares. Na categoría feminina a primeira muller clasificada foi Nati García. Mélanie Mariño foi segunda e Noelia Souto, terceira.

O circuíto Coruña Corre volverá dentro de dúas semanas para a disputa da XI Carreira Popular Os Rosales, para a que xa están abertas as inscricións. As persoas que participan na totalidade do circuíto no precisan retirar novos dorsais nin facer un novo formulario.

Próximas datas do circuíto Coruña Corre

  • XI Carreira Popular Os Rosales: 21 de maio
  • VII Carreira Popular Matogrande: 25 de xuño
  • XI Carreira Popular Volta a Oza: 10 de setembro
  • VIII Carreira Popular Ventorrillo: 22 de outubro
  • XI Carreira Popular Novo Mesoiro: 26 de novembro

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión