31 de julio de 2023
A escritora e poeta Dores Tembrás será a encargada de dar o pregón a partir das 12.30 horas
Este martes, 1 de agosto, comezan as Festas de María Pita e, con elas, a súa tradicional Feira do Libro da Coruña e que neste 2023 será a súa edición número 52. Os Xardíns de Méndez Núñez seguirán a ser un dos espazos centrais das festas da cidade grazas a esta e outras feiras que se veñen programando durante o verán.
"Desde o Goberno de Inés Rey continuamos apostando polas nosas librarías un ano máis, facendo medrar esta feira con tanto arraigamento entre os coruñeses e coruñesas", sinala Gonzalo Castro, concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade. Nesta edición haberá 32 casetas, dúas máis que o ano pasado. Participarán un total de 13 librarías da cidade, nove librarías chegadas doutras cidades, nove editoriais e unha distribuidora de libros.
Desde mañá pasarán pola Feira do Libro da Coruña máis de 100 autores e autoras, que presentarán os seus libros ao público coruñés. Haberá dous espazos cubertos onde se levarán a cabo estas actividades todos os días. Na xornada inaugural dará o pregón, a partir das 12.30 horas, a escritora e poeta Dores Tembrás.
A Feira do Libro da Coruña estará nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas. Haberá un 10 % de desconto en todos os exemplares para os clientes.
17 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
16 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible