14 de abril de 2019
Os traballos, que forman parte do plan municipal de prevención de lumes, levaranse a cabo en tres quendas nun total de 26 puntos da cidade
A Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha este mes de abril, o plan municipal de prevención de lumes, co inicio das actuacións de roza de maleza en vías e camiños de titularidade municipal no lugar de Eirís-Uxío Carré. Os traballos, que se realizan anualmente, teñen como finalidade manter controlado o crecemento da vexetación no municipio, á fin de eliminar posibles focos nos que se poidan xerar lumes, ademais de favorecer a visibilidade e accesibilidade en zonas urbanas e periurbanas. As tarefas, que se estenderán até o mes de setembro, realizaranse en tres quendas diferenciadas nun total de 26 puntos da cidade. A primeira fase, xa en desenvolvemento, ten lugar na primavera, á que segue unha segunda, prevista entre xuño e agosto para, finalmente, rematar nunha terceira quenda, que se efectuará até o 30 de setembro.
Na primeira quincena de abril, a Concellería de Medio Ambiente interveu nas zonas de Eirís-Uxío Carré, Visma-Loureiro e Bens-Penamoa. Esta semana as actuacións distribuiranse por Ventorrillo e A Silva, Os Mallos, e Os Anxos. A partir do día 26, e durante sete xornadas, os traballos efectuaranse en Mesoiro, Feáns e Vío. De seguido, no mes de maio, o plan pasará por Xubias, Castrillón-Urbanización Soto IAR e Castro de Elviña, ademais de Castro de Elviña, Nostián, Palavea, Os Castros-San Diego, Atochas-Monte Alto, Oza-Urbanización Soto, Matogrande, Gaiteira e Labañou. No mes de xuño, a limpeza de vías e camiños estenderase a Peruleiro, Mariñeiros, Santa Margarita, Portiño-Campanario, Barrio das Flores, Monelos, Riazor, Zapateira e a Sagrada Familia. A partir do 15 de xuño iniciarase a segunda pasada para a eliminación de vexetación, mentres que a terceira comezará o 9 de agosto.
Xunto a este plan de corte da maleza en camiños, o plan de prevención de lumes complétase coa limpeza de soares de propiedade municipal e o seguimento e notificación dos terreos de propiedade privada, sobre os que o Concello non pode actuar por non ser da súa competencia.
20 de mayo de 2024
14 de mayo de 2024
11 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible