16 de enero de 2026
A lendaria banda de trash metal liderada por Dave Mustaine estará no Coliseum o 27 de maio
Megadeth, unha das bandas máis importantes de trash metal, actuará no Coliseum da Coruña este 2026, como parte da súa xira de despedida, que só pasará por tres cidades do Estado. A formación liderada por Dave Mustaine estará na cidade o 27 de maio.
"A música rock e metal tamén ten cabida dentro da programación musical da nosa cidade e desde o Goberno de Inés Rey buscamos acoller na Coruña eventos tan especiais como é a despedida de Megadeth", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas sairán á venda o xoves 22 de xaneiro ás 10.00 horas en www.megadeth.es e Enterticket. As persoas que teñan entrada para o Resurrection Fest EG 2026 poderán acceder a unha prevenda exclusiva o martes 20 de xaneiro ás 10.00 horas.
Dave Mustaine decidiu recentemente poñer fin á carreira da súa banda Megadeth. Tras 43 anos desde a súa fundación, un dos grupos máis importantes do mundo, parte do Big Four do thrash xunto a Metallica, Slayer e Anthrax, dirá adeus cunha última xira. A Coruña acollerá o próximo mes de maio una das tres datas de despedida da formación en España.
Esta cita será unha das máis importantes da historia de Megadeth, nas que o cuarteto repasará todos os seus grandes éxitos e aproveitará para presentar o último episodio e broche de ouro da súa carreira discográfica: o seu décimo séptimo álbum, de título homónimo, que se publicará en tan só uns días. Estarán acompañados de dúas bandas invitadas especiais que pronto serán anunciadas.
De cara a este 2026, a programación musical do Coliseum conta xa com 19 eventos musicais anunciados, aos que hai que sumar os eventos deportivos xa confirmados do Básquet Coruña. As citas programadas son: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Amaral (21 de febreiro), Celtas Cortos (11 de abril), Hijos de la Ruina (17 de abril), OT (19 de abril), Viva Suecia (18 de abril), Rodrigo Cuevas (30 de abril), Dani Fernández (2 de maio), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Megadeth (27 de maio), Pablo Alborán (4 de xullo), Aitana (22 de xullo), La Oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro), Melendi (14 de novembro) e Raphael (21 de novembro).

16 de enero de 2026

23 de diciembre de 2025

22 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible