7 de agosto de 2026
O concerto do 14 de novembro está xa esgotado e as últimas entradas para o 13 de novembro están a piques de rematar
Melendi volverá a facer tres concertos consecutivos no Coliseum logo do seu éxito no 2023 no mesmo recinto, con tres datas nas que se esgotaron todas as entradas. O éxito de vendas rexistrado para os concertos de Melendi no Coliseum obrigou a ampliar a súa presenza na cidade cunha terceira actuación o vindeiro 12 de novembro, dentro da xira 'Pop Rock Tour'. O anuncio prodúcese despois de que as entradas para o concerto do 14 de novembro se esgotasen e de que as dispoñibles para a cita do 13 de novembro estean xa nas súas últimas unidades.
Coa incorporación desta nova data, o artista asturiano ofrecerá tres concertos consecutivos no recinto municipal coruñés, consolidando unha vez máis a súa extraordinaria relación co público da cidade. O novo espectáculo contará co mesmo formato e repertorio previstos para as actuacións xa anunciadas. As entradas para o 12 de novembro sairán á venda este venres 7 de agosto ás 12.00 horas a través das canles de venda habituais.
"Que Melendi teña que ampliar a súa xira na Coruña con unha terceira actuación é unha mostra do extraordinario momento que vive a cidade como referente musical do noroeste peninsular", sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. "Desde o Goberno de Inés Rey levamos anos traballando para atraer grandes xiras nacionais e internacionais, consolidando o Coliseum como unha das principais infraestruturas culturais do país", engadiu.
Melendi regresará así a un escenario que coñece perfectamente. O artista xa protagonizou unha tripla actuación no Coliseum en novembro de 2023 e, coa nova ampliación de datas, continuará incrementando unha vinculación que o converte nun dos artistas máis exitosos da historia recente do recinto municipal. O concerto do 12 de novembro súmase así á intensa programación do Coliseum, que continúa incorporando grandes artistas e espectáculos ao calendario cultural da cidade.

21 de septiembre de 2026

20 de septiembre de 2026

20 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible