15 de diciembre de 2025
As entradas de cara á nova edición do festival sairán á venda mañá, martes 16 de decembro, ás 12.00 horas
O Morriña Fest volverá ao porto da Coruña no vindeiro ano 2026. Será os días 24 e 25 de xullo, e cos primeiros artistas desta nova edición xa confirmados: Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera.
A alcaldesa, Inés Rey, apuntou ao festival como "unha das citas máis importantes do calendario estival galego e tamén no conxunto do noroeste de España", subliñando a aposta do Morriña por un cartel que sempre combina grandes estrelas internacionais, artistas consagrados e referentes actuais da escena musical.
Neste sentido, a rexedora puxo en valor a elección do porto da Coruña para a celebración dos concertos, "un emprazamento que está a gañar peso ano tras ano" e que xa está consolidado e identificado como escenario de grandes actuacións e eventos culturais.
Máis de 35.000 persoas asistiron á pasada edición do festival, que contou coa participación de artistas como Nathy Peluso, Ozuna, Recycled J, Mikel Izal, Alleh & Yorghaki, Miss Caffeina, Duncan Dhu, Alcalá Norte e Beéle, entre moitos outros.
Agora, e á agarda de máis confirmacións, os primeiros en sumarse ao cartel do Morriña Fest serán o portorriqueño Myke Towers -que volverá á cidade tras o seu concerto no Coliseum en maio deste ano-; un icono musical a escala mundial como o colombiano Juanes; o artista Hard GZ, convertido nun dos persoeiros máis influíntes da música urbana en España; e a catalana Belén Aguilera, xa asentada como unha das voces máis relevantes do pop alternativo actual.
As entradas de cara ao Morriña Fest 2026 sairán á venda mañá, martes 16 de decembro, ás 12.00 horas, na súa páxina web oficial. Un ano máis, o festival conta co apoio do Concello da Coruña.

18 de enero de 2026

16 de enero de 2026

16 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible