Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de octubre de 2022

Nace o CLIAC, froito do Pleno Infantil do curso pasado

Co obxectivo de dar a coñecer esta nova iniciativa, o próximo xoves 13 de outubro, ás 10:00 horas celebrarase unha sesión informativa en liña

O Departamento de Educación do Concello de Coruña promove para este curso escolar 2022/2023 a posta en marcha do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC), tras a experiencia e a proposta trasladada no Pleno Infantil do pasado novembro de 2021. O CLIAC é tanto un proceso como un programa de participación infantil dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros da Coruña, que se desenvolverá nos próximos meses.

Este proceso comezará liderado polo profesorado, que co apoio dunha guía didáctica traballará nas aulas contidos e dinámicas sobre dereitos da Infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar a participación cidadá e recoñezan a súa capacidade como axentes de cambio. Logo abrirase un proceso de candidaturas que culminará coa constitución formal do propio Consello Local da Infancia da Coruña, o CLIAC. Este será o órgano dende o que nenas e nenas, representantes da infancia, trasladen periodicamente ao Concello necesidades, propostas ou suxestións sobre aquelas cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación.

Co obxectivo de explicar en detalle este proceso e resolver calquera dúbida, celebrarase unha sesión informativa en liña que terá lugar o próximo xoves 13 de outubro, ás 10:00 horas.

Documentos relacionados

  • CLIAC 1ª Reunión (256 KB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión